Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2012

Ave Maria...de Caccini?

Imaxe
Cantas gravacións e partituras impresas co nome de Caccini neste célebre Ave María... Mais, esta preciosa obra é de Vladimir Vavilov (1925-1973): un guitarrista, laudista e compositor ruso que decide deixar anónimo o seu Ave María. Despois da súa morte, a súa obra é atribuida a Caccini, un compositor que viviu a finais do século XVI e comezos do XVII. Curioso, verdade?. O Ave Maria de Vavilov foi composto aproximadamente en 1970 cun estilo barroco. Hai moitísimas versións a partir desta obra. Unha das que máis me gustan para coro de nen@s, coma non, a do coro de Saint Marc . Outro coro fantástico de nenos, o coro inglés  Libera , a partir do Ave Maria interpretan unha nova versión.

Un día inesquecible

Imaxe
O día de onte será inesquecible para tódolos membros do Peque Coro:  asistíamos ó espectáculo de Romeo e Xulieta, mais non queríamos renunciar ó noso ensaio. Así que: ensaio, xantar de tódol@s pequecoristas e despois, imos ata o Palacio da Ópera na Coruña. O ensaio era máis longo do habitual, así que había que comezar ben relaxad@s. Despois dun bo ensaio, o mellor: un bo xantar! Xa recuperamos as forzas, pois a xogar: polo menos nós aproveitamos este bonito espazo do Auditorio (aínda sen inaugurar!) Despois deste intenso partido, subimos ó autobus que nos levou á Coruña. Grazas a Álvaro e a Pablo, que fixeron un cd coa gravación en directo dos nosos concertos, cantamos toda a viaxe. Que magnífica viaxe!. Un dos pequecoristas máis pequenos fica abraiado: "ata saímos na radio!" Para inmortalizar a nosa visita, queremos unha fotografía. "Por que non cantamos?", propoñen. Coma temos que esperar, paréceme u

O canto do cisne

Imaxe
A pesares de que un cisne non canta, existía un antigo mito que dicía que un cisne cando está a piques de morrer, emite un belísimo canto. Con esta idea triste e poética á vez, tamén referímonos á última obra dun artista.  Onte, coma os cisnes das lendas, emitía o seu último canto unha das voces máis admiradas deste século: o barítono Dietrich Fischer-Dieskau (Berlín 1925-18 de Maio de 2012). Embelesaba especialmente as súas interpretacións de lieder (poemas alemáns con acompañamento pianístico). Coma mostra da súa arte, este lied de Schubert adicada á Música, acompañado ó piano doutro intéprete excepcional Gerald Moore. Ti adorable arte, a miúdo nas horas escuras cando a salvaxe órbita da vida me envolve acendiches o meu corazón ó cálido amor, e transportáchesme a un mundo mellor. A cotío un sospiro, escapándose do teu corazón, unha doce e bendecida harmonía túa un ceo de épocas mellores abriuse. Oh, Arte encantadora, por iso agradézote! E

Ábrese o telón...en Culleredo

Imaxe
Ábrese o telón e vese un coro de nen@s...Unha nova sensación. O coro preparado mentres escoitábamos o murmurio do público que enchía o auditorio. Xa perfectamente colocad@s en escea, apángannos as luces. Atención!. E pouco a pouco abren o telón.  Neste concerto xa estábamos moi seguros. O repertorio está moi ben traballado e o ensaio previo ó concerto estivo moi ben aproveitado. Pequecoristas: espectacular!. Nese ensaio previo @s pequecoristas pídenme cantar "Vois sur ton chemin", peza que estaba fóra do programa. Así que, tendo en conta o entusiasmo do público, debíamos adicar unha obra máis. E, para sorpresa d@s pequecoristas, dende o esceario comento que interpretaremos unha peza máis. Que cara de ledicia tiñan tod@s!. Con esa canción foron gañadores do concurso de bandas sonoras Tócaa outra vez, Xan ...e, hai que dicir, que cántana moi, pero que moi ben.  O concerto continúa coa Banda dos Pequenos. Noraboa á tódol@s integrantes da banda (algúns s

Parabéns polo Recital das Letras

Imaxe
Onte o Peque Coro participou no Recital das Letras organizado polo Equipo de Dinamización da Língua coa interpretación de dous temas: Compañeira de Fuxan os Ventos e a Alborada , coa música recollida no Cancioneiro de Inzenga e a letra que adaptamos a partires duns versos da Alborada de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.  En definitiva, cun repertorio moi apropiado para a conmemoración dun 17 de Maio. Compañeira era un tema que cantábamos por vez primeira para o público. Encántanos! Ademáis coa colaboración nos violonchelos de Marcos e Pablo (profesor de chelo do noso conservatorio), Compañeira foi aínda máis expresiva. A Alborada é un tema xa coñecido polos nos@s seguidores. E, coma sempre,  Rita magnífica coa gaita. A@s pequecoristas sábelles a pouco cantar dúas obras, e o público tamén, pero, coma sabedes tiveron un ano cheo de concertos e colaboracións. Unha vez máis hai que felicitar a@s pequecoristas, especialmente coa nosa estrea de Compañeira. D

Día das Letras Galegas

Imaxe
Cada 17 de Maio (Día das Letras Galegas) recordamos a Rosalía de Castro: a poetisa que introduce a língua galega na literatura contemporánea. Partindo da música popular galega e das tradicións populares, Rosalía de Castro publica o 17 de Maio de 1863  Cantares Gallegos. Así pois, os 17 de maio homenaxéase a distintas personalidades da literatura e da cultura galega. Con estes versos comezaba a cantar Rosalía nos seus Cantares Gallegos: Has de cantar, meniña gaitera; has de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, na beira da fonte; canta,daréiche boliños do pote. Canta, meniña, con brando compás, daréiche unha proia da pedra do lar. Papiñas con leite tamén che daréi; sopiñas con viño, torrexas con mel. Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces. ¡Que ricas que saben! ¡Que feira, rapaza, si cantas faremos...! Festiña por fora, festiña por dentro. Canta, si queres, rapaza do demo; canta, si queres; daréiche u

Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Imaxe
O homenaxeado das Letras Galegas deste ano é Valentín Paz Andrade, avogado e escritor das terras do Lérez (Pontevedra). Atopei un vídeo fantástico adicado a este home. Por certo, excelente o traballo destes novísim@s xornalistas do CPI dos Dices en Rois no "Telexornal Paz Andrade": A continuación un vídeo que preséntanos versos de poemarios de Paz Andrade, coma Pranto matriarcal ou Cen chaves de sombra . Palabras que conteñen musicalidade envoltas nun atmósfera acorde a elas:

Coro de escravos da Frauta Máxica

Imaxe
Unha das obras que máis sorprende nos nosos concertos é a nosa versión do Coro dos escravos que aparece na Frauta Máxica: unha ópera de Mozart que foi estreada en Viena no ano 1791 baixo a dirección do propio Mozart. A Frauta Máxica é un singspiel: un tipo de ópera popular alemana onde hai partes faladas. A historia adéntranos no mundo da imaxinación e dos soños: o príncipe Tamino fuxe dunha gran serpe e refúxiase nun bosque no que cae desmaiado. Alí, coñecerá á Raíña da Noite e a Papageno, un home que caza paxaros para a raíña. Tres mulleres da corte da raíña da Noite ensínanlle a Tamino un retrato de Pamina, a filla da raíña que está secuestrada polo cruel Sarastro. Tamino namórase ó instante daquel retrato, así que irá no rescate de Pamina. As tres mulleres entréganlle a Tamino unha frauta máxica que ten o poder de cambiar o estado de ánimo de aqueles que o escoitan e a Papageno, o cazador de paxaros, ofrécenlle unhas campás máxicas que lle protexerán. A partires de ahí,

@s pequecoristas de gran corazón

Imaxe
Tempo atrás fixemos unha pausa no noso camiño para reflexionar que pasaba nos ensaios, e especialmente, no noso primeiro concerto lonxe das nosas terras. Canto me alegro dese día que tivemos que sentarnos en roda e falar tranquilamente...Os ensaios trocáronse en momentos de disfrute para cantar e escoitar. Pero o mellor, nese día de loucura colectiva, comezara a brotar.  O Peque Coro non só esta formado formado por nen@s que cantan moi ben, senón por nen@s cheos de bos sentimentos: que se apoian, que se miman, que se queren. Hoxe, ademáis quixeron mimar á súa pianista e á súa directora, quenes recordan aínda emocionadas e inmensamente agradecidas o ensaio de hoxe. Tódol@s pequecoristas andaban ás carreiras..."Catuxa, Alexandra esperade,...esperade un minuto que agora chegamos". Algo estaban tramando. Pensei para mín: "querían festa por ser gañadores do concurso de bandas sonoras...Traerán globos? Golosinas?". En fin, agardábamos a entrega do

Compañeira

Imaxe
Compañeira é unha canción de Fuxan os Ventos, un grupo de música folk e música popular galega que naceu no ano 1972. Dende ese ano deron a coñecer un repertorio moi amplio e rico de música tradicional galega, convertíndose nun grupo fundamental na dignificación do idioma e da cultura galega. No ano 1976 publican o seu disco Fuxan os Ventos . Nel aparece Compañeira , con música e letra creada por eles. No seguinte vídeo escoitaredes a Compañeira de Fuxan os Ventos A versión que nos cantamos é un arranxo de Julio Domínguez, quen dirixe a este coro de mulleres na súa versión para dúas voces a capella (sen acompañamento instrumental). Os nosos amigos do Coro Infantil do Cmus de Lugo cantan moi ben esta obra. Nun futuro concerto sería moi bonito compartir esceario cantando xuntos a Compañeira .

Noraboa por "Tócaa outra vez, Xan"!

Imaxe
O Peque Coro acadou o primeiro posto no concurso "Tócaa outra vez, Xan" organizada pola ANPA do noso conservatorio. Noraboa a tódol@s pequecoristas e o resto dos participantes que convertiron o concurso nun éxito de participación. Cando decidín inscribir ó Peque Coro no concurso pensei en colaborar coa ANPA, que tanto nos axuda. Non era consciente da ilusión que tiñan posta @s pequecoristas: a miña intención era acudir cun repertorio que nos gusta moito, coa mesma ilusión que preparamos cada obra e cada concerto: nin máis, nin menos. Sen embargo, para @s pequecoristas foi algo máis. E só decateime cando entraron na miña aula (mentres eu seguía as miñas clases de Linguaxe), e cunha explosión de ledicia inmensa traen a noticia de que o Peque Coro foi escollido para o primeiro posto. Despois de esas caras tan contentas, eses saltos de xúbilo...mereceu a pena presentalos ó concurso. En outros concertos, para mín, xa saían victoriosos cun bo concerto cheo de emocións. Mais

Atención ó director...E á directora!

Imaxe
En moitas ocasións temos que insistir na importancia de que @s pequecoristas miren á súa directora (quen escribe estas liñas). E cada vez, conseguimos que máis nen@s presten atención ás súas indicacións. O Peque Coro xa tivo a experiencia de estar baixo a dirección de Henar, a directora do Coro Infantil de Lugo; baixo a dirección de Polo (aqueles pequecoristas que asistiron ó curso) e na tarde de onte baixo a dirección de Miguel, profe de trombón do noso conservatorio e director da Banda dos Pequenos. Xa son moitas mans! E observamos que baixo a dirección doutras persoas, a súa concentración é máxima. Fagamos unha lectura positiva, xa que son capaces de seguir outros xestos novos para eles, outras maneiras de pedirlles a súa expresión. O ensaio coa Banda dos Pequenos foi unha nova experiencia: breve pero enriquecedora. Mirábamos atentamente como afinaban, mentres reinaba o silencio entre tod@s nos e o resto da banda. Axiña entendimos as entradas que nos sinalaba Miguel. Ta

Pequeno Mundo

Imaxe
Na miña selección de obras que me gustaría cantar co Peque Coro , non ten cabida a música comercial, a música de debuxos animados, e, moito menos aquela que segue relacionando a música para nen@s e contos para nen@s cos mundos das princesitas indefensas e príncipes valerosos. Estamos medrando no século XXI NON, NON e MIL VECES NON! Así que, a pesares de que existen moitas agrupacións e moitos profesores que escollen obras para nen@s baséandose no criterio de música que xa coñecen, a miña inteción é a contraria. Quero amosar ós pequecoristas mundos novos con música de calidade. Temos milleiros de obras por descubrir de moitos tempos e culturas...Por iso, sempre rexeito a música de Disney...que tanto gusta a moitos profes. É a miña decisión: nin é mellor nin peor que a doutros. Simplemente é a miña. A isto, quero explicar ó Peque Coro porque paso por alto os meus principios, ensaiando Pequeno Mundo . Coido que cantar acompañados pola Banda dos Pequenos pode ser unha

Asante, Polo

Imaxe
Pasou axiña esta fin de semana onde tod@s disfrutamos moitísimo cos cantos e danzas que Polo Vallejo compartiu con nós. Polo fíxonos viaxar por distintas culturas tanto ós máis peques coma os maiores: Tanzania, Xapón, Rumanía, Estados Unidos, Arxentina O que máis me fascina son as súas historias cos wagogo de Tanzania. Neste segundo ano que Polo ven a visitarnos, todos recordábamos: - " Nhyangauya hoye hoye...(canta Polo acompañándose da súa ilimba) -  Oh Nhyangauya!" (respostamos alegremente tod@s). Gústanos moito a historia de Nhyangauya, o neno que non deixaba de chorar - Uleme, uleme nikutole nene...Nikugulilé...(entoa Polo) - Khanga! (con enerxía responde toda a tribu) - Sanduku... - Imene!...Elelelé. Tódol@s pequecoristas que quedáchedes con gañas de saber máis sobre o universo musical dos wagogo, tedes na Biblioteca José Fontenla do noso conservatorio o libro de Polo que relata moitas historias preciosas: Mbudi Mbudi Na Mhanga . Só que

"Tócaa outra vez, Xan"

Imaxe
A Asociación de Nais e Pais do Cmus Xan Viaño organiza o concurso "Tócaa outra vez, Xan" , para participar toda a comunidade educativa interpretando versións de bandas sonoras de películas. Hai moitísimos participantes e, de seguro, haberá versións moi boas e postas en escea moi orixinais.  O Peque Coro está preparando a súa participación cunha selección da película Les Choristes . Non me gustan os concursos. E menos, que nen@s teñan que asumir que un é gañador e outro perdedor. Mais, o espírito deste concurso da ANPA é outro: trátase de adicar unha tarde máis, coma tantas outras do noso conservatorio, a compartir esceario a partir dun idea concreta. E a ANPA axúdanos tanto ó Peque Coro , que tiñamos que estar ó seu lado neste concurso! Pequecoristas, non quero que sintades decepción se non somos "gañadores". O que importa é a ilusión coa que estamos ensaiando.  E non é un tópico: no ensaio do sábado pasado houbo un instante máxico: unha emoción repe