O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 8 de mayo de 2012

Noraboa por "Tócaa outra vez, Xan"!

O Peque Coro acadou o primeiro posto no concurso "Tócaa outra vez, Xan" organizada pola ANPA do noso conservatorio. Noraboa a tódol@s pequecoristas e o resto dos participantes que convertiron o concurso nun éxito de participación.

Cando decidín inscribir ó Peque Coro no concurso pensei en colaborar coa ANPA, que tanto nos axuda. Non era consciente da ilusión que tiñan posta @s pequecoristas: a miña intención era acudir cun repertorio que nos gusta moito, coa mesma ilusión que preparamos cada obra e cada concerto: nin máis, nin menos. Sen embargo, para @s pequecoristas foi algo máis. E só decateime cando entraron na miña aula (mentres eu seguía as miñas clases de Linguaxe), e cunha explosión de ledicia inmensa traen a noticia de que o Peque Coro foi escollido para o primeiro posto. Despois de esas caras tan contentas, eses saltos de xúbilo...mereceu a pena presentalos ó concurso. En outros concertos, para mín, xa saían victoriosos cun bo concerto cheo de emocións. Mais o seu entusiasmo consegue emocionarme moito máis.

Noraboa a tódol@s pequecoristas e un gran bico para a nosa pequecoristas Inés, que estaba maliña e non puido disfrutar con nós deste éxito!

14 comentarios:

  1. Catuxa y Alexandra sin vuestra ayuda sería
    imposible participar en estas cosa.Muchas gracias.Aunque no hubiesemos ganado el premio a mí me daba igual.
    Gracias y un besazo de la pequec@rista Marta Rodriguez Cascón

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Marta.

      Nos sabes como nos alegra que non pensedes no premio, senón o moito que disfrutamos tod@s co Peque Coro.

      Outro besazo para unha pequecorista cunha gran voz!

      Eliminar
  2. Gracias Catuxa por acordarte... ¡Cuanto me hubiera gustado estar con tod@s en el escenario ayer! Seguro que salió todo genial!!! A propósito...me gusta mucho este blog...
    Un beso
    Inés

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como non íamos acordarnos da doce Inés!Ademáis, sempre que estou dirixindo e busco a mirada de cada pequecorista, atópome coa atenta e á vez tenra mirada de Inés.

      Moitos bicos e a recuperarse axiña que queremos que volvas con nós!

      Eliminar
  3. ¡Enhorabuena a tod@s! ¡Seguro que vuestra actuación, como siempre, fue fantástica!
    Un beso desde Lugo :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Henar, polas túas palabras sempre tan alentadoras. A verdade é que disfrutamos moito recreando a película.

      Bicos dende Ferrol

      Eliminar
  4. Concierto genial, representación genial... PREMIO GENIAL!!! ¿Que más se puede pedir? No sé si ganamos el 1er premio o lo repartieron entre todos los finalistas, pero en caso de que pasara eso, nos merecíamos ganar. Espero que no te hayan hecho mucho daño en el intento de mantearte... La guinda fue que al salir del auditorio todos nos dijeron: ¡Perfecto chicos!
    Todos estábamos un poco nerviosos, pero no se reflejó en el escenario (menos mal). Espero que lo hagamos igual en Culleredo. Enhorabuena a todos los demás participantes que nos hicieron disfrutar de la música de una forma especial, y a todos los demás pequecoristas, por la gran actuación

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Completamente de acordo con Martín: concerto xenial, representación xenial. E outro "xenial" para os nosos "Moranges"; primeira vez que introducimos un solo no Peque Coro.

      Estou sana...falando de películas, a cámara lenta, xa se veía o que ía acontecer...Así que daba tempo a preparar a caída. Je,je...

      De novo, volvedes a ser noticia no noso conservatorio.

      Parabéns, Morange Suárez!

      Eliminar
  5. Como madre de pequecorista sólo puedo felicitar a estos maravillosos chicos y chicas por su trabajo y en especial mi agradecimiento infinito a la directora y a la pianista del peque coro que al igual que todo el profesorado del conservatorio consiguen la dificil función de que su trabajo no se limita a enseñar música a los niños sino que son capaces de que la música llene de luz la mirada de cada uno de los componentes del coro y nos muestren en cada actuación la felicidad y satisfacción que esto les produce.
    Gracias Catuxa, gracias Alexandra por vuestro tiempo, vuestra dedicación por vuestro esfuerzo y paciencia y gracias por enseñarle a mi hijo la magia de la música.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polas palabras tan marabillosas coas que nos agasallas: é unha satisfacción inmensa que o público perciba a felicidade e a ilusión coa que subimos ó esceario. É certo que hai moita implicación de tod@s os que actuamos, pero tamén hai que recordar a implicación dos pais e nais que fan posible que @s nos@s nen@s medren cunha vida rica musical e emocionalmente.

      Eliminar
  6. Carlos Freire Zaragoza.9 de mayo de 2012, 22:06

    Catuxa y Alexandra, sin vuestra colaboración en este concierto del Peque Coro, no nos habríamos divertido tanto. Muchas gracias a las dos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Carlos. A verdade é que todos divertímonos moito ese día e nos días previos coa preparación: o neno-atril, a señora condesa, o director do colexio, Morange enfadado, Pepinot correndo...e os avións voando no auditorio do conservatorio!

      Un gran abrazo para un pequecorista cunha boa voz e un excelente oído musical.

      Eliminar
  7. Me pregunto como sonaría el himno gallego interpretado por nuestro maravilloso coro. ¿Es una propuesta descabellada o tal vez factible?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É unha proposta moi boa e creo que o resultado podería ser moi emotivo. Este curso non será posible poder adicalo segundo a planificación necesaria dos ensaios e a distribución dos mesmos.

      Parécenos unha excelente proposta, que formará parte das obras seleccionadas para o vindeiro curso.

      Grazas pola túa aportación

      Eliminar