Atención ó director...E á directora!


En moitas ocasións temos que insistir na importancia de que @s pequecoristas miren á súa directora (quen escribe estas liñas). E cada vez, conseguimos que máis nen@s presten atención ás súas indicacións. O Peque Coro xa tivo a experiencia de estar baixo a dirección de Henar, a directora do Coro Infantil de Lugo; baixo a dirección de Polo (aqueles pequecoristas que asistiron ó curso) e na tarde de onte baixo a dirección de Miguel, profe de trombón do noso conservatorio e director da Banda dos Pequenos.

Xa son moitas mans! E observamos que baixo a dirección doutras persoas, a súa concentración é máxima. Fagamos unha lectura positiva, xa que son capaces de seguir outros xestos novos para eles, outras maneiras de pedirlles a súa expresión.

O ensaio coa Banda dos Pequenos foi unha nova experiencia: breve pero enriquecedora. Mirábamos atentamente como afinaban, mentres reinaba o silencio entre tod@s nos e o resto da banda. Axiña entendimos as entradas que nos sinalaba Miguel. Tamén era novo seguir as indicacións do director cunha batuta. E, por suposto, a necesidade de escoitar tódolos sons que enchían a aula. "Atención: máis piano,...tempo..." dicía Miguel. Eu pedía ó coro: "pronunciación clara..., atención ó corte final..."

E teño que dicir, que están amosando un maior aproveitamento dos seus ensaios grazas á súa disciplina e respeto polo esforzo de tod@s. Unha actitude fantástica!. Na tarde de onte saía ben fachendosa da aula de orquestra pola actitude d@s pequecoristas e, como non, polo seu resultado. Ata parecía máis alta polo orgullosa que estaba!

Vaia co Peque Coro !

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega