Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

IV Encontro de Coros Infantís e Xuvenís

Imaxe
Por fin se achega o Encontro de Coros Infantís e Xuvenís!  Como podedes ver no cartaz, coa fermosísima ilustración que fixo para nós Soraya García Riveiros, nesta cuarta edición reuniránse as voces dos nenos e nenas do Concerto Tempiño , do Coro Peque Solidarium e do Peque Coro do Xan Viaño . Tamén disfrutaremos coas voces dos mozos e mozas do Coro Solidarium e do Peque Coro in crescendo. Se queres asistir a este concerto onde se reúnen as voces máis novas de Ferrolterra, podes retirar a túa entrada de balde na taquilla do Teatro Jofre. Este sábado 27 de Abril ás 19.00 agardámoste no Auditorio de Ferrol.