O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 5 de mayo de 2012

Asante, Polo

Pasou axiña esta fin de semana onde tod@s disfrutamos moitísimo cos cantos e danzas que Polo Vallejo compartiu con nós. Polo fíxonos viaxar por distintas culturas tanto ós máis peques coma os maiores: Tanzania, Xapón, Rumanía, Estados Unidos, Arxentina

O que máis me fascina son as súas historias cos wagogo de Tanzania. Neste segundo ano que Polo ven a visitarnos, todos recordábamos:

- " Nhyangauya hoye hoye...(canta Polo acompañándose da súa ilimba)
-  Oh Nhyangauya!" (respostamos alegremente tod@s).

Gústanos moito a historia de Nhyangauya, o neno que non deixaba de chorar

- Uleme, uleme nikutole nene...Nikugulilé...(entoa Polo)
- Khanga! (con enerxía responde toda a tribu)
- Sanduku...
- Imene!...Elelelé.

Tódol@s pequecoristas que quedáchedes con gañas de saber máis sobre o universo musical dos wagogo, tedes na Biblioteca José Fontenla do noso conservatorio o libro de Polo que relata moitas historias preciosas: Mbudi Mbudi Na Mhanga.

Só quero engadir, un ano máis, dúas palabras: grazas, Polo. Ou mellor, en swahili:

Asante, Polo

No hay comentarios:

Publicar un comentario