Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

No bico un cantar 2018: Alalás en Betanzos

Imaxe
Este venres 1 de Xuño tódolos nenos e nenas dos coros dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia encherán Betanzos na edición de "No bico un cantar" . A actividade ten como obxectivo transmitir aos máis novos a paixón pola música e poesía galega.   Os fermosos alalás de Camariñas, Muxía, e o alalá das Mariñas serán interpretados baixo a dirección de Maximino Zumalave xunto ao quinteto de metais Hércules Brass. Estrearase a obra de Teresa Bretal con texto de Manuel Rivas, "Alalá á vella maneira". Como non, o remate non podería ser doutra maneira: Maiolongo con versos rosalianos e música do Xosé Baldomir. O concerto terá lugar na Igrexa de San Francisco de Betanzos ás 18.00h. 

O Peque Coro en clave galega

Imaxe
Coincidindo coas Letra Galegas, O Peque Coro presenta o seu cd O Peque Coro en clave galega. Un cd recopilatorio con gravacións dende o ano 2013 ata o 2017. Grazas ao Equipo de Dinaminazación da Língua Galega, coordinado por Alma Cendán, puidemos levar adiante este proxecto. Un proxecto que contou cos deseños gráficos de Marta González Pérez, quen por amor ás artes plásticas, deseñou as imaxes do disco. Como non, Suso Iglesias foi o encargado da remasterización das obras. Algunhas delas xa gravadas por el mesmo, e outras por Serxio Pena no Auditorio do Cmus Xan Viaño. Coma sempre, sería imposible sen eles: tódolos pequecoristas que cantaron ao longo deses anos. Velaí vai os nomes dos protagonistas deste disco: Alba Aguiar Blanco, María Alonso Castro, Beatriz Álvarez Galán, Blanca Alvariño Montero, Ángela Ameneiros López, Noelia Amigo Vidal, Paula Amigo Vidal, Daniel Ardao Ríos, Emma Arias Cailleau, Mª Elena Barcia García, Carlota Bermúdez Blas, Omar Calderón Yáñ

Recital das Letras Galegas

Imaxe
O próximo mércores 16 de Maio terá lugar no noso conservatorio o Recital das Letras Galegas. O Peque Coro (tanto os máis peques como os veteranos) cantarán no concerto das 20.30h. @s pequecoristas deberán chegar ás 19.30h O cartaz que acompaña a esta publicación foi deseñado por Abi Castillo para Editorial Galaxia onde aparece María Victoria Moreno , mestra e escritora de libros infantís homenaxeada nesta edición do Día Das Letras Galegas.

Mención honorífica en Vila Real

Imaxe
Parabéns queridísim@s pequecoristas por esa mención honorífica na Mostra Musical do Eixo Atlántico obtida en Vila Real (Portugal). Foron meses de intenso traballo mais chegou a recompensa non só polo recoñecemento musical senon pola experiencia de compartir xuntos esta viaxe onde vivimos moitos momentos musicais.