Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2012

A chegada do outono

Imaxe
Chegou o outono e, con el, a caída das follas e o son das nosas pegadas sobre elas, as ricas e quentes castañas,...  e a volta ó conservatorio! Coma o paxariño que asubía con ledicia e ofrece sons entre follas de bonitas cores, eu quero amosarvos un canto igual de alegre e cheo de distintas cores que acabo de descubrir estes días. Un canto alegre do compositor británico Ralph Vaughan Williams (1872-1958):   An acre of Land (Un acre de terra)  do seu ciclo Folk Songs for the Four Seasons.  Son cantos inspirados no folclore inglés relacionados co ciclo das catro estacións: a natureza, as distintas actividades agrícolas, os distintos costumes.  Un acre de terra forma parte dos cantos do Outono.

Recordando a Clara Schumann

Imaxe
O famoso buscador Google  recorda no día de hoxe o 193 aniversario do nacemento da pianista e compositora Clara Schumann, cunha imaxe da pianista rodeada dos oito fillos que tivo co pianista Robert Schumann. Clara Wieck era o seu nome de solteira, que cambia co seu casamento con Robert Schumann. Clara compuxo fermosísimos lieder: cancións con acompañamento de piano a partir de poemas alemáns. Propóñovos o seguinte lied interpretado por dúas grandes intérpretes femininas. A pianista francesa Hélène Grimaud e a soprano sueca Anne Sofie von Otter interpretan o lied Warum willst du and're fragen? (Por que preguntas ó outros?) . 

A volta das mochilas

Imaxe
Esta semana que comeza @s pequecoristas regresades con moita ledicia ós vosos colexios. Así que iredes ben cargad@s de enerxía, ilusión por descubrir novos mundos, alegría por ver de novo ós vos@s amig@s... e de seguro que ben cargad@s con moit@s libros marabillosos.  Libros cheos de cores que cautivan ós ollos, libros con verbas sonoras que cautivan ós oídos, libros onde se recolle o saber da humanidade e os avances científicos e tecnolóxicos. Mais tamén libros pesados. Por iso é moi importante que coidedes a vosa espalda. Tódol@s nen@s deben prestar atención á súa posición corporal, e aínda máis ós músicos, que sacrificamos moito tempo ó noso corpo cunha postura estática. Así que, polo ben da postura sana d@s pequecoristas, recoméndovos a lectura dun fantástico blog adicado á posición corporal dos músicos: Postura sana en el Conser de Gijón. Neste blog hai un apartado adicado ás mochilas: ata fala das mochilas máis habituais nos conservatorios. Un excelente blog, que inc