O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 17 de mayo de 2012

Parabéns polo Recital das Letras


Onte o Peque Coro participou no Recital das Letras organizado polo Equipo de Dinamización da Língua coa interpretación de dous temas: Compañeira de Fuxan os Ventos e a Alborada, coa música recollida no Cancioneiro de Inzenga e a letra que adaptamos a partires duns versos da Alborada de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. 

En definitiva, cun repertorio moi apropiado para a conmemoración dun 17 de Maio.

Compañeira era un tema que cantábamos por vez primeira para o público. Encántanos! Ademáis coa colaboración nos violonchelos de Marcos e Pablo (profesor de chelo do noso conservatorio), Compañeira foi aínda máis expresiva. A Alborada é un tema xa coñecido polos nos@s seguidores. E, coma sempre,  Rita magnífica coa gaita.

A@s pequecoristas sábelles a pouco cantar dúas obras, e o público tamén, pero, coma sabedes tiveron un ano cheo de concertos e colaboracións.

Unha vez máis hai que felicitar a@s pequecoristas, especialmente coa nosa estrea de Compañeira. De seguro que a Fuxan os Ventos gustaríalle escoitar a súa canción interpretada polo Peque Coro.



Parabéns, querid@s pequecoristas polo Recital das Letras!

2 comentarios:

  1. Parabéns a este marabilloso coro de nenos e nenas (incluidas as irmáns Pita). Onde actuan enchen os corazóns de felicidade e o recinto de público, Meu máis sentido recoñecemento ao gran labor de Catuxa e Alexandra e ao esforzo e entusiasmo d@s corit@s.
    Grazas por colaborar na audición do día das letras!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas ó Equipo de Dinamización da Língua por convidarnos neste Recital e por facilitar a nosa participación atendendo ás nosas necesidades. Sentimos non poder atender a vosa proposta, mais no vindeiro curso terémola en conta.

      Ademáis, grazas ó fotógrado do Equipo!

      Eliminar