Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Feliz 2019

O Peque Coro na Mostra de Corais de Persoas Maiores

Imaxe
Como previo ao Nadal, o Concello de Ferrol dende a Área de Benestar Social, organiza o concerto que reúne a distintas xeracións: a Mostra de Corais de Persoas Maiores.  Un concerto no que participamos moi ilusionados xa que o público nos recibe con entusiasmo. Dende o escenario sentimos tódalas emocións que invaden o Auditorio de Ferrol. Intentaremos un ano máis ofrecer o mellor de nós para este concerto tan especial. Se aínda non tes a túa entrada, podes conseguila de balde na taquilla do Teatro Jofre (máximo dúas entradas por persoa). Que disfrutedes do concerto.