Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

O Peque Coro cantando polas Letras Galegas

Imaxe
Un ano máis O Peque Coro non pode faltar no Concerto das Letras Galegas que organiza o Equipo de Dinamización da Língua, coordinado por Alma Cendán. Esta edición está adicada a Antón Fraguas:  Antón Fraguas Fraguas,  nado en  Insuela , na parroquia de  Loureiro  ( Cotobade ), o  28 de decembro  de  1905  e falecido en  Santiago de Compostela  o  5 de novembro  de  1999 , foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo  galeguista . En  1923  fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da  lingua  e a elaboración dun  dicionario . Foi membro das  Irmandades da Fala , do  Seminario de Estudos Galegos  e  catedrático de ensino secundario   depurado  polo  franquismo . Formou parte do  Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento  e da  Real Academia Galega , foi director e presidente do  Museo do Pobo Galego , membro do  Consello da Cultura Galega  e  cronista  xeral de  Galicia . Dedicouse ó estud