Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2012

Cada tres segundos

Imaxe
Onte lín no blog de Henarmonía : "El coro que dejó helado al público" ... Eu teño que confesar que tamén sufrín a sensación de ficar xeada ante a mensaxe recibida e a maneira de transmitila por este coro infantil alemán de Wuppertal. Cada tres segundos, mentres interpretaban Mad World (Mundo Tolo) un neno do coro abandonaba o esceario simbolizando que cada tres segundos este mundo perde a un neno por causas evitables (fame, malnutrición, falta de vacinas...).  Este coro colaboraba co International Children's Fund  para facernos reflexionar no Día Universal do Neno.

20 de Novembro: Día Universal do Neno

Imaxe
O 20 de Novembro é o Día Universal do Neno: un día no que  tódolos países adicarían a recordar a necesidade de coidar e educar a tódolos nenos e nenas deste mundo. Hai millóns de nenos e nenas que non van á escola por vivir en países sumamente pobres, ou ata por vivir en países con espeluznantes tradicións que prohiben ás nenas estudar. Hai moitas nenas que loitan contra iso, poñéndose en perigo por querer aprender. Unha destas nenas é Malala, que se rebela contra a idea de non poder estudar só por ser unha nena!. Onte, no Día Universal do Neno, moitos nenos e nenas estaban desprotexidos pola barbarie dos conflictos bélicos. Nenos e nenas inocentes, e alleos á estupidez da violencia do mundo adulto. Tod@s merecedes protección e educación.  Tod@s merecedes un precioso canto de berce.

De novo...Interpreta coas túas mans unha obra solidaria

Imaxe
Este ano volvemos a colaborar coa asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías) coa recollidas de tapóns de plástico. A campaña deste ano é para axudar a Alba: unha rapaza de 14 anos que precisa un custoso tratamento médico. O curso pasado, a colaboración d@s pequecoristas, pais e nais e amig@s, foi moi grande. Eu aprendín que @s pequen@s sodes moito máis solidarios que o mundo adulto. A vosa implicación pensando nas dificultades doutros nen@s é maior que a nosa. Quizais a medida que medramos perdemos ilusións de mellorar o noso mundo. Vos devolvédenos a enerxía e as gañas de loitar por un mundo mellor.  Grazas, pequecoristas e amig@s pola vosa solidariedade.

Foi un 1 de Novembro

Imaxe
500 anos atrás inaugurábase a Capela Sixtina no Vaticano. Un día antes, Michelangelo Buonarotti remataba unha das súas grandes obras: as pinturas no teito desta capela. Michelangelo adicara catro anos da súa vida a pintar este teito. Catro anos enriba dos andamios. Micheangelo foi un artista cun inmenso talento (destacou como escultor, pintor e arquitecto) e cunha gran capacidade de esforzo e traballo.  Se queres coñecer a súa obra na Capela Sixtina podedes facer unha visita virtual. Clica a continuación: movendo o cursor do rato poderás percorrer esta capela, ampliar a imaxe para apreciar tódolos frescos de Michelangelo, e non esquezas chegar ata o teito!. Visita virtual á Capela Sixtina . Falando da Capela Sixtina, quero contarvos unha anécdota. Gregorio Allegri compuxo a mediados do século XVII o seu Miserere mei para cantar nesta capela. Estaba prohibido interpretar esta obra noutros lugares.  E así permaneceu ata que un neno de 14 anos visita Roma e escoita o