O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 1 de mayo de 2012

"Tócaa outra vez, Xan"






A Asociación de Nais e Pais do Cmus Xan Viaño organiza o concurso "Tócaa outra vez, Xan", para participar toda a comunidade educativa interpretando versións de bandas sonoras de películas.


Hai moitísimos participantes e, de seguro, haberá versións moi boas e postas en escea moi orixinais. O Peque Coro está preparando a súa participación cunha selección da película Les Choristes. Non me gustan os concursos. E menos, que nen@s teñan que asumir que un é gañador e outro perdedor. Mais, o espírito deste concurso da ANPA é outro: trátase de adicar unha tarde máis, coma tantas outras do noso conservatorio, a compartir esceario a partir dun idea concreta. E a ANPA axúdanos tanto ó Peque Coro, que tiñamos que estar ó seu lado neste concurso!

Pequecoristas, non quero que sintades decepción se non somos "gañadores". O que importa é a ilusión coa que estamos ensaiando.  E non é un tópico: no ensaio do sábado pasado houbo un instante máxico: unha emoción repentina invandiunos, e iso é o mellor premio que pode experimentar un coro. Ademáis, nos xa estamos gañando dous temas que xa forman parte do noso repertorio, da nosa vida musical.

E se somos seleccionados entre os "gañadores"?. Pois, estaremos agradecid@s coa organización e seremos moi respetuosos cos compañeir@s que tamén querían estar entre os seleccionados e tamén puxeron moito esforzo neste concurso.

Só temos que ultimar a posta en escea...mais non quero desvelar nada para sorprender ó público.

Pequecoristas, mirade estes instantes da película...no próximo ensaio podedes aportar as vosas ideas.





Non perdades ningún detalle deste intre:






Mans á obra:

No hay comentarios:

Publicar un comentario