Día das Letras Galegas

Cada 17 de Maio (Día das Letras Galegas) recordamos a Rosalía de Castro: a poetisa que introduce a língua galega na literatura contemporánea. Partindo da música popular galega e das tradicións populares, Rosalía de Castro publica o 17 de Maio de 1863 Cantares Gallegos. Así pois, os 17 de maio homenaxéase a distintas personalidades da literatura e da cultura galega.
Con estes versos comezaba a cantar Rosalía nos seus Cantares Gallegos:
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
Canta, meniña,
na beira da fonte;
canta,daréiche
boliños do pote.
Canta, meniña,
con brando compás,
daréiche unha proia
da pedra do lar.
Papiñas con leite
tamén che daréi;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.
Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces.
¡Que ricas que saben!
¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fora,
festiña por dentro.
Canta, si queres,
rapaza do demo;
canta, si queres;
daréiche un mantelo.
Canta, si queres,
na lengua que eu falo.
Daréiche un mantelo.
Daréiche un refaixo.
Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena.
Co son da gaitiña,
co son do tambor,
che pido que cantes,
meniña, por Dios.
Comentarios
Publicar un comentario