Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2013

Unha peque crónica da viaxe a Braga

Imaxe
Catedral de Braga O Peque Coro viaxou á veciña Portugal. Xa cantáramos noutras terras, mais esta foi a nosa primeira viaxe de varios días. Para moitos, a primeira vez que durmen lonxe da súa familia, mais todos se coidan e se miman coma nunha gran familia. Ademáis de ofrecer un fantástico concerto compartido cos nosos compañeiros do proxecto Leonardo, adicámonos a coñecer a cidade de Braga.  A nosa primeira parada foi no xardín da Foz Velha, antes de encontrarnos cos compañeiros do proxecto no Porto para disfrutar dun cruceiro polo Douro. Quería unha foto nesta palco da música, tal e como temos no palco da música do Cantón de Ferrol. É moi difícil conseguir que todos se coloquen para unha foto!  Palco da Música do Jardim da Foz Velha Ese primeiro día foi moi intenso, cheo de inquedanzas e novidades que aínda nos alteraban máis. Á noitiña, algúns d@s pequecoristas marchaban ás casas dos seus amigos de Braga. Outros, para a pousada. Unhas horas de moito bulir...!

De Ferrol a Braga

Imaxe
Por fin nos achegamos ó día tan esperado! Mañá viaxamos a Bracara Augusta , como chamaban os romanos á cidade de Braga. Esta cidade do Norte de Portugal é a capital da provincia do Minho. O xoves compartiremos esceario cos nosos compañeiros do Proxecto Leonardo, European Arts Confluence. Mais tamén teremos tempo a facer turismo pola cidade. Queredes ir descubrindo o que visitaremos? Catedral Bom Jesus A facer as maletas, pequecoristas!

Pequecoristas do Clasicismo

Imaxe
Un pequecorista do século XXI pode preguntarse: "como serían @s pequecoristas no Clasicismo?" Podemos facernos unha idea a partires das vestimentas da nosa participación no Concerto do Clasicismo Sabela, Sara, Carmen e Amada Paula, Andrea, Hugo, Marcos e Pablo Lara, Noelia, Icía, Inés Azael, Aldara, Marta, Uxía, Pablo, Lea, e os Martines Miguel, Irene, Javi, Álvaro, Claudia, Névia, Carlos e Pablo Marta, Ángela, Laura, Iago e Carlos Estela, Nina, Lucía, Elena, Keila,  Lisa, Iria, Marta, María e Sara. Fiana, Clara, as Sofías, Elisa e Ana

Regresa o Clasicismo

Imaxe
Este venres viaxaremos de novo no tempo para interpretar obras do Clasicismo intentando poñernos na pel dos intérpretas da época. Convídanos a participar no concerto d@s alumn@s de piano, así que, un ano máis, poñeremos a nosas perrucas e mellores galas!. Cando é a cita? O venres 12 de Abril ás 17:30 h. 

Rosa de Abril

Imaxe
Nascín cando as prantas nascen, no mes das flores nascín. Nunha alborada mainiña nunha alborada de Abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos e ningunha para ti. No mes de Abril, @s pequecoristas comezamos o ensaio da Rosa de Abril , a canción delicada e bonita coma unha rosa que Andrés Gaos compuxo a partires dos versos de Rosalía de Castro. Quen era Andrés Gaos? Pois un compositor e violinista nacido na Coruña no ano 1874. Estudou na Coruña, Madrid, París, Bruxelas...Foi un destacado intérprete. Na foto, tiña 8 anos, coma @s máis pequerrech@s do conservatorio. Adicouse coma compositor a obras para violín e piano, obras sinfónicas (para orquestra) e obras para voz e piano. Se queredes saber máis deste compositor, visitade a súa web oficial: Andrés Gaos . A seguinte versión da  Rosa de Abril   é un magnífico arreglo e orquestración do compositor vigúes Juan Durán:

Música celestial II

Imaxe
Anxos (1513) . Rafaello Sanzio O ano pasado, aproximadamente por estas datas, escribíamos "Música celestial" : na que falabamos da importancia de escoitar grandes obras de música relixiosa, á marxe das crenzas relixiosas de cada pequecorista. A miña recomendación era un coro da Paixón según san Mateo de J.S.Bach. Unha das obras mestras do compositor alemán que  foi estreada o 15 de abril de 1729 baixo a dirección do mesmo Bach. Se queredes saber máis desta obra, volvede a ler "Música celestial" . Este ano volvo a recomendarvos un coro desa mesma obra: