Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2012

Fama: comunica a nova xesta d@s pequecoristas

Imaxe
Coma os grandes heroes gregos, fachendosos das súas fazañas, quero invocar á divinidade Fama, filla da mesmísima Xea (A Nai Terra), para que comunique a tódolos cidadáns a nova xesta d@s pequecoristas. Estes pequen@s e median@s cantores de gran espíritu soportaron coma heroes as dificultades que se presentaban...Así foi o reto das divinidades olímpicas para o concerto deste luns. Preparación antes do concerto ás 19:30, saída escea ás 20:00 cantando como anfitrións dos nosos convidad@s,...Ata que chega unha nova de última hora:  @s compañeir@s chegad@s doutras terras non escoitarán os nosos cantos. O Destino quere que cambiemos o noso plan. Así, @s pequecoristas acataron a decisión. A súa intervención foi ás 21:15 horas. Unha dificultade grande para @s máis pequen@s: as súas voces estaban esgotándose por un longo día,...agotamento físico e cansancio mental traíanos a falta de concentración. Ata Mnemósine (a deusa grega da Memoria) parecía abandonarnos,... case presen

Concerto de Benvida ós compañeir@s de Comenius

Imaxe
Unha nova cita para escoitar ó Peque Coro

Unha bonita adicatoria

Imaxe
Despois de abrir un libro que tantas veces tiven nas miñas mans, lin a súa adicatoria...e nese intre de emoción, sentín que tiña que facela chegar ós meus queridos e queridas pequecoristas e alumn@s de Linguaxe. Eses libros que, sendo moi pequerrechiña, tantas horas adicamos a cantar baixo o entusiasmo do meu mestre: meu pai. Eses libros que temos na nosa librería tódolos profesores e profesoras adicados ás ensinanzas musicais, especialmente os mestres de Música e aqueles que nos adicamos ó ensino da Linguaxe Musical, do canto infantil...Os libros de Canto Escolar de Luis Elizalde. Despois de tantos anos, presto ateción á súa adicatoria: "Al recuerdo del ilustre pedagogo DON HILARIÓN ESLAVA en el 1º centenario de su muerte (1878-1978) ...Y a vosotros, niños, que sentís en vuestra alma la ilusión de entrar  en el mundo fascinante de la Música: para que la Música os haga sensibles a lo bello y para que vosotros hagáis buenos y felices a cuantos v

Saúdo ós compañeir@s de Comenius

Imaxe
Xa falta menos para a chegada dos nosos compañeir@s do Comenius. Estamos ensaiando unha canción representativa de cada país:   Grand Duke of York para @s amig@s de Inglaterra, O himno á Noite para @s de Francia e On suuri para @s de Finlandia.  Dende este lugar privilexiado no que está o noso conservatorio, á beira do mar, queremos saúdar a tódol@s compañeir@s. Ata pronto...! See you soon!           À bientôt!           Nähdään pian!

Grand Duke of York

Imaxe
The Gran Duke of York é unha canción infantil inglesa na que se ridiculiza a estratexia no campo da batalla dun dos Duque de York.  Como moitas cancións populares, non se ten clara a súa orixe: así que non sabemos de que duque de York se trata. Ata existen versións desta canción con outras personaxes históricas.  Para tódol@s pequecoristas é unha divertida canción e ademáis, queremos trocar a intención da súa letra. Non queremos rirnos dun home que sobe e baixa dun outeiro sen entrar en batalla. Que boa decisión a do duque de York!. Para uns nen@s que disfrutan da súa vida en harmonía, o duque de York escolleu a mellor decisión posible organizando un bonito paseo. Esta é a canción que adicaremos no noso concerto ós nosos colegas de Inglaterra do Proxecto Comenius. O Gran Duque de York tiña dez mil homes levounos ata a cima dun outeiro e depois fíxoos baixar de novo E cando eles subían, subían, e cando eles baixaban, baixaban, e cando estaban na m