Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2019

Pequecoristas cantan na Raia

Imaxe
A séptima edición de "No bico un cantar" que organiza o Consello da Cultura Galega e maila Consellería de Educación celebrarase mañá 7 de Xuño ás 17.30 en Tui. Nenos e nenas chegados de tódolos recunchos de Galicia e nenos e nenas de Portugal cantarán acompañados polo quinteto de metais Hercules Brass e dirixidos baixo a dirección de Maximino Zumalave. O Peque Coro participará, como en tódalas edicións anteriores, neste concerto no que foi escolmado como repertorio cancións tradicionais portuguesas  ( Oh, Rama, Oh que linda rama ) con arranxos de Juán Durán e obras nas que se pon música a escritores nados en Tui como Xosé María Álvarez Blazquez, do que se estreará No rego do prado , con música de Alexis Rozas,  e Manuel Lago González, coa foliada San Campio con música de José Torres Creo.  Como non, para despedir o concerto, estará presente os versos de Rosalía de Castro con música de José Baldomir: Maiolongo. 

Volve o Campamento Coral

Imaxe