QUENES SOMOS

O Peque Coro é o coro infantil do Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol. 

Debido á situación ante o COVID-19, na actualidade non realiza a súa actividade coral. Mais retomarase con moita ilusión en canto a crise sanitaria así o permita. Ata este curso, houbo un longo camiño que comeza no ano 2010. 
O Peque Coro nace no curso 2010-2011 grazas a ilusión de 20 nenos e nenas e maila súa profesora de Linguaxe Musical, Catuxa Pita Evia. Era necesario un coro no conservatorio, xa que a música coral ten un papel indiscutible na aprendizaxe musical, así como é un ferramenta poderosa na trasmisión de emocións e valores, grazas ó poder da palabra. Sen esquecer a marabillosa experiencia vital que supón para tódolos nenos e nenas.
Nese mesmo ano, incorpórase como pianista Alexandra Pita Evia, pianista acompañante do Conservatorio. 

Cada ano medraba o interese pola música coral ata os 90 pequecoristas que consititúen a actual formación. No 2016 foi preciso crear un novo coro xuvenil, constituído por 40 rapaces e rapazas: O Peque Coro in crescendo.


Ao longo destes anos, O Peque Coro ofreceu concertos no Conservatorio de Culleredo, no Conservatorio Superior da Coruña, no Conservatorio de Lugo, no Círculo de Bellas Artes de Lugo, no Conservatorio de Santiago, na Escola de Música Maximinos de Braga, no Teatro de Vila Real en Portugal.

Ademáis O Peque Coro forma parte activamente da vida coral da súa cidade nos Certames da Terceira Idade, organizados por Benestar Social do Concello de Ferrol. Un punto de encontro de distintas xeracións.

Participa en tódalas edicións de No bico un Cantar, organizado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e que cada ano reúne a 500 nenos e nenas para homexanear cantando ás grandes figuras da literatura galega: Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 2013), Curros Enríquez (Celanova, 2014), Ramón Cabanillas (Cambados, 2015), Os trovadores galegos (Cangas, 2016), Álvaro Cunqueiro, (Mondeñedo, 2017), Os alalás (Betanzos, 2018), A Música na Raia (Tui, 2019) e no coro virtual da edición do ano 2020.

No ano 2016 O Peque Coro quixo adicarlle a Manuel María unha recreación a partires da obra “Os soños na Gaiola”. Con música da compositora Margarita Soto e conto de Belén González, escenificándose o conto “O Peque Coro e os seus soños na Gaiola” no Teatro Jofre.
Nese mesmo ano, participa na edición dun CD coa gravación de “O canon de Bego” co fin de recaudar fondos para os refuxiados por Siria no proxecto “Música pola Paz”. Fondos destinados á ONG Oxfam Intermon. 

Ademáis, ofrece concertos benéficos co fin de recaudar alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas ou a Cociña Económica, baixo a organización do Equipo de Convivencia do Cmus Xan Viaño nos Concertos pola Paz.

Ao longo destes anos O Peque Coro traballou baixo a dirección de recoñecidades personalidades cunha proxección internacional como Basilio Astúlez, David Azurza, Josu Elberdin, e Elena Rosso.

No ano 2018 O Peque Coro in crescendo recolleu o 2º premio do concurso “Víndevídeos” organizado pola Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia co fin de divulgar o patrimonio galego co gallo da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo.

Tamén nese curso, O Peque Coro in crescendo participou na VI Mostra Musical do Eixo Atlántico que tivo lugar en Vila Real (Portugal) os días 5 e 6 de Maio de 2018; despois de ser seleccionado para representar en dita mostra ao Concello de Ferrol.  En dita mostra é destacado cunha Mención Honorífica na fase final do concurso.


No ano 2020 estaba seleccionado O Peque Coro in crescendo para participar no Festival Europeo da Música en Neerpelt, que tivo que ser cancelado pola crise sanitaria ante o COVID-19.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega