O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 12 de mayo de 2012

@s pequecoristas de gran corazón


Tempo atrás fixemos unha pausa no noso camiño para reflexionar que pasaba nos ensaios, e especialmente, no noso primeiro concerto lonxe das nosas terras.

Canto me alegro dese día que tivemos que sentarnos en roda e falar tranquilamente...Os ensaios trocáronse en momentos de disfrute para cantar e escoitar. Pero o mellor, nese día de loucura colectiva, comezara a brotar. 

O Peque Coro non só esta formado formado por nen@s que cantan moi ben, senón por nen@s cheos de bos sentimentos: que se apoian, que se miman, que se queren.

Hoxe, ademáis quixeron mimar á súa pianista e á súa directora, quenes recordan aínda emocionadas e inmensamente agradecidas o ensaio de hoxe.

Tódol@s pequecoristas andaban ás carreiras..."Catuxa, Alexandra esperade,...esperade un minuto que agora chegamos". Algo estaban tramando. Pensei para mín: "querían festa por ser gañadores do concurso de bandas sonoras...Traerán globos? Golosinas?". En fin, agardábamos a entrega do noso agasallo pola participación no concurso, así que, xa estaba programado que unha parte do noso ensaio de hoxe sería para rir e falar. E @s nen@s entran no auditorio coma nunha gran procesión. Aproxímanse con miradas ilusionadas ante a nosa reacción. @s nos@s pequen@s quixeron compartir a súa ledicia destes días cun agasallo dun ramo de flores precioso e unha emotiva adicatoria.

Un ramo de flores que nunca esqueceremos: non era nin o noso cumpreanos, non era unha despedida, non era parte dun protocolo...Era una agasallo no que pensaron os nen@s: sen o impulso dos seus pais e nais. Como poden nenos e nenas estar pensando en sorprender ós maiores? Só é posible en nen@s cunha gran sensibilidade...Por iso, cantan tan ben...e por iso son capaces de emocionarnos cantando.

Grazas, queridísim@s pequecoristas, coma ben dicides: todos formamos o Peque Coro



2 comentarios:

  1. Estoy encantado de estar en el coro, porque estais vosotras, las excursiones y las canciones.
    Un abrazo para las dos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Iago.

      E nos estamos encantadas de ter un pequecorista tan entusiasta: sempre con ansia de aprender, sempre con enerxía, sempre co sorriso na cara...Unha delicia compartir contigo os momentos de ensaio e, por suposto, os concertos e excursións.

      Un abrazo para un pequecorista cunha bonita voz e cun entusiasmo contaxios

      Eliminar