Coro de escravos da Frauta Máxica

Unha das obras que máis sorprende nos nosos concertos é a nosa versión do Coro dos escravos que aparece na Frauta Máxica: unha ópera de Mozart que foi estreada en Viena no ano 1791 baixo a dirección do propio Mozart.
A Frauta Máxica é un singspiel: un tipo de ópera popular alemana onde hai partes faladas. A historia adéntranos no mundo da imaxinación e dos soños: o príncipe Tamino fuxe dunha gran serpe e refúxiase nun bosque no que cae desmaiado. Alí, coñecerá á Raíña da Noite e a Papageno, un home que caza paxaros para a raíña. Tres mulleres da corte da raíña da Noite ensínanlle a Tamino un retrato de Pamina, a filla da raíña que está secuestrada polo cruel Sarastro.
Tamino namórase ó instante daquel retrato, así que irá no rescate de Pamina. As tres mulleres entréganlle a Tamino unha frauta máxica que ten o poder de cambiar o estado de ánimo de aqueles que o escoitan e a Papageno, o cazador de paxaros, ofrécenlle unhas campás máxicas que lle protexerán.
A partires de ahí, Tamino debe pasar unha serie de probas nas que a intelexencia será a súa mellor conselleira. Papageno atopa a Pamina no palacio de Sarastro: cando están a piques de escapar, Monostatos, que traballa ó servizo de Sarastro, pretende deter a fuxida reclamando axuda ós escravos. Ante isto, Papageno fai soar o seu xogo de campás e os escravos ás órdenes de Monostatos, póñense a danzar e cantar ó son das campaíñas.
Sona tan marabilloso
sona tan delicado...
Nunca vira nin escoitara
nada tan fermoso.
A versión da Escolanía do Escorial tamén vos gustará: nesa tonalidade as voces dos nenos brilan máis. Tamén é moi acertada a imaxe proxectada dos carruseis, verdade?
Se queredes continuar coa historia da Frauta Máxica, clicade sobre a imaxe e vos levará ó fantástico libro da Cuéntame una ópera.
E para rematar, dous momentos que coñeceredes da Frauta Máxica, aínda que non teñades claro que pertencían a esta ópera:
A sempre impresionante aria da Raíña da Noite
O gracioso dúo de Papageno e Papagena
Comentarios
Publicar un comentario