Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

Feliz Aninovo

Imaxe
Que o 2013 siga cargado de ilusións e marabillosos momentos musicais para tódol@s pequecoristas e as súas familias.

A noite do Apalpador

Imaxe
Dende as montañas lucenses virá o Apalpador cargado con agasallos para tódolos nenos e nenas. Agardo que se acordara de traer moitos agasallos para @s pequecorist@s. Doces sonos...

Un bonito recordo

Imaxe
O noso primeiro concerto deste ano será unha experiencia que gardaremos na memoria para sempre. Este era un novo espazo para tod@s, e un fermoso espazo. Comprendemos perfectamente as sensacións que poden ter @s pequecoristas, porque igual que vos, nós saímos a ese mesmo esceario coa vosa idade, e cuns anos menos. Recordamos aquelas sensacións do formigueo polos nervos previos á saída á escea, ademáis da euforia da ovación dun teatro repleto. O cole que fumos de pequenas despedían cada curso cun festival neste teatro. Aínda que non estaba tan bonito e esplendoroso, máis ben todo o contrario. Era un teatro practicamente abandonado do que só quedaba unha sensación do que fora en tempos pasados. Menos que que tódol@s ferroláns recuperamos esta xoia para a nosa cidade!. Pois ben, acababa o curso e cada clase facía unha pequena coreografía, ademáis de presentar o traballo das clases de ballet e baile tradicional galego. Era fantástico o bulir entre cortinas. Axiña cambiábamos

Unha nova xesta...no Teatro Jofre

Imaxe
Había tempo que non invocábamos á Fama para que difundise unha nova xesta. Mais, nesta ocasión debemos pedirlle que extenda as súas ás e difunda por toda a nosa cidade a merecida xesta. Durante tres longas horas de espera estiveron @s pequecoristas engaiolad@s en pequenos espazos. Parecía que estaban superando probas igual que Ulises!. Debían ficar calad@s (tarefa imposible), practicamente inmovilizad@s nun espazo pequeno, e por riba, o máis duro,...sen poder cantar. Esa longa espera podía atacar o ánimo de calquera! Mais estes pequecoristas son fortes de espíritu e saíron con disciplina espartana ó esceario. Estaban preparad@s para o seu cometido. No momento en que se abriu o gran telón, alí estaban controlando as súas emocións e concentrándose para ofrecer ós presentes unha bonita interpretación. O medo escénico fuxiu axiña e as Musas voaban na bóveda do Teatro. Dende o Paraíso do Jofre, un clamor chegaba ós nosos pequenos cantores. As súas voces xa non semella

O Peque Coro no Teatro Jofre

Imaxe
Esta visión do Teatro Jofre é a que terán mañá @s pequecoristas dende o esceario. O único cambio será que non veremos este fermoso teatro baleiro, senón repleto de coralistas e público asistente a esta cita. O noso primeiro concerto deste curso será dentro da Mostra de Corais de Terceira Idade . Dende a Concellaría de Benestar Social de Ferrol pretenden fomentar as relacións entre os maiores e os nenos. E nos acudimos felices a este evento. Para vari@s pequecoristas é o seu primeiro concerto. Podedes estar moi tranquil@s porque o repertorio está ben traballado nos ensaios e teredes o apoio d@s máis veteran@s, que xa están máis acostumad@s a saír a escea. É certo que a novidade de cantar no Jofre é un reto para nós. Sempre cantamos en auditorios máis pequenos: no conservatorio de Lugo, no de Culleredo...e no auditorio do noso conservatorio, que é coma cantar na casa. Mais podemos saír fachendos@s a escea: só precisamos concentración. Ademáis, alí atoparemos un público en

Axúdanos a orquestrar un bo almorzo!

Imaxe
Para que a nosa mente e o noso corpo funcionen ben,  debemos comezar o día cun bo e saudable almorzo. Para que tod@s poidamos almorzar, e solidarizándonos coas persoas máis desfavorecidas, comeza no noso conservatorio a recollida de alimentos para doar á Cociña Económica de Ferrol. Na entrada do noso conservatorio atoparás un recuncho para que deixes a túa doazón de alimentos non perecedoiros (especialmente alimentos para o almorzo) Axúdanos a orquestrar un bo almorzo! 

Cada tres segundos

Imaxe
Onte lín no blog de Henarmonía : "El coro que dejó helado al público" ... Eu teño que confesar que tamén sufrín a sensación de ficar xeada ante a mensaxe recibida e a maneira de transmitila por este coro infantil alemán de Wuppertal. Cada tres segundos, mentres interpretaban Mad World (Mundo Tolo) un neno do coro abandonaba o esceario simbolizando que cada tres segundos este mundo perde a un neno por causas evitables (fame, malnutrición, falta de vacinas...).  Este coro colaboraba co International Children's Fund  para facernos reflexionar no Día Universal do Neno.

20 de Novembro: Día Universal do Neno

Imaxe
O 20 de Novembro é o Día Universal do Neno: un día no que  tódolos países adicarían a recordar a necesidade de coidar e educar a tódolos nenos e nenas deste mundo. Hai millóns de nenos e nenas que non van á escola por vivir en países sumamente pobres, ou ata por vivir en países con espeluznantes tradicións que prohiben ás nenas estudar. Hai moitas nenas que loitan contra iso, poñéndose en perigo por querer aprender. Unha destas nenas é Malala, que se rebela contra a idea de non poder estudar só por ser unha nena!. Onte, no Día Universal do Neno, moitos nenos e nenas estaban desprotexidos pola barbarie dos conflictos bélicos. Nenos e nenas inocentes, e alleos á estupidez da violencia do mundo adulto. Tod@s merecedes protección e educación.  Tod@s merecedes un precioso canto de berce.

De novo...Interpreta coas túas mans unha obra solidaria

Imaxe
Este ano volvemos a colaborar coa asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías) coa recollidas de tapóns de plástico. A campaña deste ano é para axudar a Alba: unha rapaza de 14 anos que precisa un custoso tratamento médico. O curso pasado, a colaboración d@s pequecoristas, pais e nais e amig@s, foi moi grande. Eu aprendín que @s pequen@s sodes moito máis solidarios que o mundo adulto. A vosa implicación pensando nas dificultades doutros nen@s é maior que a nosa. Quizais a medida que medramos perdemos ilusións de mellorar o noso mundo. Vos devolvédenos a enerxía e as gañas de loitar por un mundo mellor.  Grazas, pequecoristas e amig@s pola vosa solidariedade.

Foi un 1 de Novembro

Imaxe
500 anos atrás inaugurábase a Capela Sixtina no Vaticano. Un día antes, Michelangelo Buonarotti remataba unha das súas grandes obras: as pinturas no teito desta capela. Michelangelo adicara catro anos da súa vida a pintar este teito. Catro anos enriba dos andamios. Micheangelo foi un artista cun inmenso talento (destacou como escultor, pintor e arquitecto) e cunha gran capacidade de esforzo e traballo.  Se queres coñecer a súa obra na Capela Sixtina podedes facer unha visita virtual. Clica a continuación: movendo o cursor do rato poderás percorrer esta capela, ampliar a imaxe para apreciar tódolos frescos de Michelangelo, e non esquezas chegar ata o teito!. Visita virtual á Capela Sixtina . Falando da Capela Sixtina, quero contarvos unha anécdota. Gregorio Allegri compuxo a mediados do século XVII o seu Miserere mei para cantar nesta capela. Estaba prohibido interpretar esta obra noutros lugares.  E así permaneceu ata que un neno de 14 anos visita Roma e escoita o

Era unha vez...a respiración

Imaxe
Gústame moito este vídeo onde podemos comprender o sistema respitarorio (ademáis da importancia das defensas do noso corpo e a necesidade de ter hábitos saudables).  Para cantar é moi importante controlar a nosa respiración; por iso insistimos tanto en cada ensaio cos exercicios previos. Coñezamos un pouco máis do funcionamento do noso sistema respiratorio. Ó longo destes días varios pequecoristas comezaron a sufrir ataques á súa gorxa pola invasión de virus. Xa sabedes, debemos preparar o noso corpo ante os invasores. Abrigádevos ben, comede moita froita e verdura, bebede moita auga, durmide ben e practicade exercicio físico. Podedes recordar os consellos para o coidado da vosa voz clicando aquí:  Coidados para a voz dun pequecorista.  

Can you hear me? Podes oírme?

Imaxe
Comezamos os ensaios deste curso cunha obra moi especial : Can you hear me?.  É unha obra do compositor, director e cantante británico Bob Chilcott (1955). Ten moitas obras marabillosas para coro de nen@s. Esta obra percorre o mundo enteiro con distintas interpretacións. Musicalmente é unha delicia para os nosos oídos, e a súa letra chea de tenrura non nos deixa indiferentes. Danos moito que pensar: un neno xordo cheo de vitalidade, de ledicia...que se comunica con nós grazas ó movemento das mans...que disfruta deste mundo no que hai tanto que descubrir, que facer, que dicir, que sentir... Miro ao meu  arredor mentres medro.  Gustaríame contarche todo o que coñezo. Vexo a vida con toda a súa enerxía,  as rúas das cidades, o paso do tempo. Este é o meu mundo. É onde me gusta estar.  Tanto que ver, tanto por atopar... Ás veces séntome e agardo un intre.  Vexo o sol e faime sorrír. Podes velo? Podes velo ti tamén? Sento a vida con toda a súa enerxía, a

Probas para ser un pequecorista

Imaxe
As probas para cantar no Peque Coro serán este venres 5 de Outubro. Que teredes que facer? É moi doado: mirade a que hora tedes que asistir. En cada grupo adicaremos un tempo a imitar o que eu cante. Despois, cada un de vos canta a canción que desexe. 19:00  Ángela A. L., Noelia A. V., Hugo C. G., Marcos C. G., Lea F. L., Keila F. S., Sabela G. C., Icía G. C., Azael G. V., Bruno G. L., Nina L. L., Sofía M., Héctor M. R., Pablo N. L., Aldara P. L., Lucía O. R 19:30 Estela C. E., Cristina D. M., Lara D. O., Elisa E. G., Marta F. P., Ana G.P. D., Carmen G.P. D.,  Lisa H., Sara L. E., Uxía L. E., María P. F., Marta P. F., Elena R. E. 20:00 Clara A. G., Inés B. M., Adrián B. F., Carlota G. G., Icía G. F., Laura G. M., Iria L. T., Sofía M. P., Martín O. F., Martín S. A., Pablo T. G., Miguel T. A., Sara T. A. 20:30 Irene A. A., Iago D.G. D., Javier D. V., Carlos F. Z., Claudia G. V., Fiana L. R., Névia L. R., Álvaro L. I., Pablo L. I., Carmen M. O., Carlos

A chegada do outono

Imaxe
Chegou o outono e, con el, a caída das follas e o son das nosas pegadas sobre elas, as ricas e quentes castañas,...  e a volta ó conservatorio! Coma o paxariño que asubía con ledicia e ofrece sons entre follas de bonitas cores, eu quero amosarvos un canto igual de alegre e cheo de distintas cores que acabo de descubrir estes días. Un canto alegre do compositor británico Ralph Vaughan Williams (1872-1958):   An acre of Land (Un acre de terra)  do seu ciclo Folk Songs for the Four Seasons.  Son cantos inspirados no folclore inglés relacionados co ciclo das catro estacións: a natureza, as distintas actividades agrícolas, os distintos costumes.  Un acre de terra forma parte dos cantos do Outono.

Recordando a Clara Schumann

Imaxe
O famoso buscador Google  recorda no día de hoxe o 193 aniversario do nacemento da pianista e compositora Clara Schumann, cunha imaxe da pianista rodeada dos oito fillos que tivo co pianista Robert Schumann. Clara Wieck era o seu nome de solteira, que cambia co seu casamento con Robert Schumann. Clara compuxo fermosísimos lieder: cancións con acompañamento de piano a partir de poemas alemáns. Propóñovos o seguinte lied interpretado por dúas grandes intérpretes femininas. A pianista francesa Hélène Grimaud e a soprano sueca Anne Sofie von Otter interpretan o lied Warum willst du and're fragen? (Por que preguntas ó outros?) . 

A volta das mochilas

Imaxe
Esta semana que comeza @s pequecoristas regresades con moita ledicia ós vosos colexios. Así que iredes ben cargad@s de enerxía, ilusión por descubrir novos mundos, alegría por ver de novo ós vos@s amig@s... e de seguro que ben cargad@s con moit@s libros marabillosos.  Libros cheos de cores que cautivan ós ollos, libros con verbas sonoras que cautivan ós oídos, libros onde se recolle o saber da humanidade e os avances científicos e tecnolóxicos. Mais tamén libros pesados. Por iso é moi importante que coidedes a vosa espalda. Tódol@s nen@s deben prestar atención á súa posición corporal, e aínda máis ós músicos, que sacrificamos moito tempo ó noso corpo cunha postura estática. Así que, polo ben da postura sana d@s pequecoristas, recoméndovos a lectura dun fantástico blog adicado á posición corporal dos músicos: Postura sana en el Conser de Gijón. Neste blog hai un apartado adicado ás mochilas: ata fala das mochilas máis habituais nos conservatorios. Un excelente blog, que inc

O segredo das pianolas

Imaxe
Grazas ó "Blog de la Creatividad al Piano"  puiden ver este documental sobre a construcción das pianolas. As pianolas son uns instrumentos cun mecanismo que reproduce automaticamente unha partitura  presentada nun rolo de papel perforado. No seguinte vídeo entenderédelo mellor.

Un 14 de Xullo..

Imaxe
Un 14 de Xullo nacía preto de Viena Gustav Klimt...Hoxe celébrase o 150 aniversario deste xenial artista. @s alumn@s de 3º recordámolo no Día da Paz a partir da súa obra o Friso Beethoven .  Podedes volver a mirar a entrada Gustav Klimt e a súa homenaxe a Beethoven. Hoxe propoño o seguinte vídeo coas súas obras acompañadas pola Gimnopedia nº 1 do compositor e pianista francés Erik Satie (1866-1925)

A maxia do Peque Coro

Imaxe
Despois da intensidade do concerto final do Peque Coro, precisaba un día de tranquilidade para reflexionar sobre o noso concerto final. Se tivese que escribir unha liñas xusto despois do concerto diría que foi fantástico, porque aínda estaba baixo o efecto dunha gran euforia. Días despois, teño a mesma sensación...e a miña valoración do concerto segue sendo a mesma. Un concerto máxico. Ó longo do curso participamos en moitas audicións cun par de obras seleccionadas en relación ó tema. Mais, a nosa concentración non é a mesma; non temos tempo para prepararnos para saír a escea: nin a nosa mente está preparada nin as nosas voces. A pesares disto, creo que houbo concertos moi bos...especialmente cos amig@s de Lugo e coa Banda dos Pequenos en Culleredo Neste concerto final a nosa disposición é máxima: tivemos tempo previo para relaxarnos, respirar, recordar postas en escea...O curso pasado comprobamos que o concerto final é o que recolle as mellores esencias de cada ensa

Último concerto desta tempada

Imaxe

O Peque Coro no xornal de hoxe

Imaxe
Non vos perdades a prensa de hoxe, porque   O Peque Coro  volve a ser noticia no  Diario de Ferrol. Clica sobre a imaxe e accederás á noticia

Proba distintas sonoridades

Imaxe
Facendo un click na imaxe, navegarás pola rede ata unha páxina francesa pensada para nen@s de Educación Infantil, mais nos darémoslle unha nova utilidade. Cada nen@ dese coro podemos facelos cantar con só facer un click sobre eles. Moi importante: clicade sobre a boca...senón o único que modificades é as súa roupas ou peiteado! Para facelos calar, de novo un click. O reto que vos propoño é que adiviñedes a nota que cantan cada un destes nen@s. E o máis interesante: probade distintas combinacións de sons facendo cantar simultaneamente a vari@s coristas. Especialmente os pequecoristas de 3º e 4º de Grao Elemental poderedes pensar no acorde final (e no seu estado os de 4º). Probade a formar acordes perfecto maiores e outros perfecto menores. E porque non outras acumulacións de sons?

Autocanon

Imaxe
O Autocanon do compositor belga Bert Appermont é un divertido canon que coñecín grazas a Graciela, nai dun pequecorista e profe de Música. Ademáis do Autocanon , descubrín obras de Bert Appermont da súa colección   Liedejeleuk (Canción bonita): unha fantástica colección de cantos para nen@s!. Velaí vai o Autocanon! :

Ave Maria...de Caccini?

Imaxe
Cantas gravacións e partituras impresas co nome de Caccini neste célebre Ave María... Mais, esta preciosa obra é de Vladimir Vavilov (1925-1973): un guitarrista, laudista e compositor ruso que decide deixar anónimo o seu Ave María. Despois da súa morte, a súa obra é atribuida a Caccini, un compositor que viviu a finais do século XVI e comezos do XVII. Curioso, verdade?. O Ave Maria de Vavilov foi composto aproximadamente en 1970 cun estilo barroco. Hai moitísimas versións a partir desta obra. Unha das que máis me gustan para coro de nen@s, coma non, a do coro de Saint Marc . Outro coro fantástico de nenos, o coro inglés  Libera , a partir do Ave Maria interpretan unha nova versión.

Un día inesquecible

Imaxe
O día de onte será inesquecible para tódolos membros do Peque Coro:  asistíamos ó espectáculo de Romeo e Xulieta, mais non queríamos renunciar ó noso ensaio. Así que: ensaio, xantar de tódol@s pequecoristas e despois, imos ata o Palacio da Ópera na Coruña. O ensaio era máis longo do habitual, así que había que comezar ben relaxad@s. Despois dun bo ensaio, o mellor: un bo xantar! Xa recuperamos as forzas, pois a xogar: polo menos nós aproveitamos este bonito espazo do Auditorio (aínda sen inaugurar!) Despois deste intenso partido, subimos ó autobus que nos levou á Coruña. Grazas a Álvaro e a Pablo, que fixeron un cd coa gravación en directo dos nosos concertos, cantamos toda a viaxe. Que magnífica viaxe!. Un dos pequecoristas máis pequenos fica abraiado: "ata saímos na radio!" Para inmortalizar a nosa visita, queremos unha fotografía. "Por que non cantamos?", propoñen. Coma temos que esperar, paréceme u

O canto do cisne

Imaxe
A pesares de que un cisne non canta, existía un antigo mito que dicía que un cisne cando está a piques de morrer, emite un belísimo canto. Con esta idea triste e poética á vez, tamén referímonos á última obra dun artista.  Onte, coma os cisnes das lendas, emitía o seu último canto unha das voces máis admiradas deste século: o barítono Dietrich Fischer-Dieskau (Berlín 1925-18 de Maio de 2012). Embelesaba especialmente as súas interpretacións de lieder (poemas alemáns con acompañamento pianístico). Coma mostra da súa arte, este lied de Schubert adicada á Música, acompañado ó piano doutro intéprete excepcional Gerald Moore. Ti adorable arte, a miúdo nas horas escuras cando a salvaxe órbita da vida me envolve acendiches o meu corazón ó cálido amor, e transportáchesme a un mundo mellor. A cotío un sospiro, escapándose do teu corazón, unha doce e bendecida harmonía túa un ceo de épocas mellores abriuse. Oh, Arte encantadora, por iso agradézote! E

Ábrese o telón...en Culleredo

Imaxe
Ábrese o telón e vese un coro de nen@s...Unha nova sensación. O coro preparado mentres escoitábamos o murmurio do público que enchía o auditorio. Xa perfectamente colocad@s en escea, apángannos as luces. Atención!. E pouco a pouco abren o telón.  Neste concerto xa estábamos moi seguros. O repertorio está moi ben traballado e o ensaio previo ó concerto estivo moi ben aproveitado. Pequecoristas: espectacular!. Nese ensaio previo @s pequecoristas pídenme cantar "Vois sur ton chemin", peza que estaba fóra do programa. Así que, tendo en conta o entusiasmo do público, debíamos adicar unha obra máis. E, para sorpresa d@s pequecoristas, dende o esceario comento que interpretaremos unha peza máis. Que cara de ledicia tiñan tod@s!. Con esa canción foron gañadores do concurso de bandas sonoras Tócaa outra vez, Xan ...e, hai que dicir, que cántana moi, pero que moi ben.  O concerto continúa coa Banda dos Pequenos. Noraboa á tódol@s integrantes da banda (algúns s

Parabéns polo Recital das Letras

Imaxe
Onte o Peque Coro participou no Recital das Letras organizado polo Equipo de Dinamización da Língua coa interpretación de dous temas: Compañeira de Fuxan os Ventos e a Alborada , coa música recollida no Cancioneiro de Inzenga e a letra que adaptamos a partires duns versos da Alborada de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.  En definitiva, cun repertorio moi apropiado para a conmemoración dun 17 de Maio. Compañeira era un tema que cantábamos por vez primeira para o público. Encántanos! Ademáis coa colaboración nos violonchelos de Marcos e Pablo (profesor de chelo do noso conservatorio), Compañeira foi aínda máis expresiva. A Alborada é un tema xa coñecido polos nos@s seguidores. E, coma sempre,  Rita magnífica coa gaita. A@s pequecoristas sábelles a pouco cantar dúas obras, e o público tamén, pero, coma sabedes tiveron un ano cheo de concertos e colaboracións. Unha vez máis hai que felicitar a@s pequecoristas, especialmente coa nosa estrea de Compañeira. D

Día das Letras Galegas

Imaxe
Cada 17 de Maio (Día das Letras Galegas) recordamos a Rosalía de Castro: a poetisa que introduce a língua galega na literatura contemporánea. Partindo da música popular galega e das tradicións populares, Rosalía de Castro publica o 17 de Maio de 1863  Cantares Gallegos. Así pois, os 17 de maio homenaxéase a distintas personalidades da literatura e da cultura galega. Con estes versos comezaba a cantar Rosalía nos seus Cantares Gallegos: Has de cantar, meniña gaitera; has de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, na beira da fonte; canta,daréiche boliños do pote. Canta, meniña, con brando compás, daréiche unha proia da pedra do lar. Papiñas con leite tamén che daréi; sopiñas con viño, torrexas con mel. Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces. ¡Que ricas que saben! ¡Que feira, rapaza, si cantas faremos...! Festiña por fora, festiña por dentro. Canta, si queres, rapaza do demo; canta, si queres; daréiche u

Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Imaxe
O homenaxeado das Letras Galegas deste ano é Valentín Paz Andrade, avogado e escritor das terras do Lérez (Pontevedra). Atopei un vídeo fantástico adicado a este home. Por certo, excelente o traballo destes novísim@s xornalistas do CPI dos Dices en Rois no "Telexornal Paz Andrade": A continuación un vídeo que preséntanos versos de poemarios de Paz Andrade, coma Pranto matriarcal ou Cen chaves de sombra . Palabras que conteñen musicalidade envoltas nun atmósfera acorde a elas:

Coro de escravos da Frauta Máxica

Imaxe
Unha das obras que máis sorprende nos nosos concertos é a nosa versión do Coro dos escravos que aparece na Frauta Máxica: unha ópera de Mozart que foi estreada en Viena no ano 1791 baixo a dirección do propio Mozart. A Frauta Máxica é un singspiel: un tipo de ópera popular alemana onde hai partes faladas. A historia adéntranos no mundo da imaxinación e dos soños: o príncipe Tamino fuxe dunha gran serpe e refúxiase nun bosque no que cae desmaiado. Alí, coñecerá á Raíña da Noite e a Papageno, un home que caza paxaros para a raíña. Tres mulleres da corte da raíña da Noite ensínanlle a Tamino un retrato de Pamina, a filla da raíña que está secuestrada polo cruel Sarastro. Tamino namórase ó instante daquel retrato, así que irá no rescate de Pamina. As tres mulleres entréganlle a Tamino unha frauta máxica que ten o poder de cambiar o estado de ánimo de aqueles que o escoitan e a Papageno, o cazador de paxaros, ofrécenlle unhas campás máxicas que lle protexerán. A partires de ahí,

@s pequecoristas de gran corazón

Imaxe
Tempo atrás fixemos unha pausa no noso camiño para reflexionar que pasaba nos ensaios, e especialmente, no noso primeiro concerto lonxe das nosas terras. Canto me alegro dese día que tivemos que sentarnos en roda e falar tranquilamente...Os ensaios trocáronse en momentos de disfrute para cantar e escoitar. Pero o mellor, nese día de loucura colectiva, comezara a brotar.  O Peque Coro non só esta formado formado por nen@s que cantan moi ben, senón por nen@s cheos de bos sentimentos: que se apoian, que se miman, que se queren. Hoxe, ademáis quixeron mimar á súa pianista e á súa directora, quenes recordan aínda emocionadas e inmensamente agradecidas o ensaio de hoxe. Tódol@s pequecoristas andaban ás carreiras..."Catuxa, Alexandra esperade,...esperade un minuto que agora chegamos". Algo estaban tramando. Pensei para mín: "querían festa por ser gañadores do concurso de bandas sonoras...Traerán globos? Golosinas?". En fin, agardábamos a entrega do