O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 16 de junio de 2012

A maxia do Peque Coro


Despois da intensidade do concerto final do Peque Coro, precisaba un día de tranquilidade para reflexionar sobre o noso concerto final. Se tivese que escribir unha liñas xusto despois do concerto diría que foi fantástico, porque aínda estaba baixo o efecto dunha gran euforia.

Días despois, teño a mesma sensación...e a miña valoración do concerto segue sendo a mesma. Un concerto máxico.

Ó longo do curso participamos en moitas audicións cun par de obras seleccionadas en relación ó tema. Mais, a nosa concentración non é a mesma; non temos tempo para prepararnos para saír a escea: nin a nosa mente está preparada nin as nosas voces. A pesares disto, creo que houbo concertos moi bos...especialmente cos amig@s de Lugo e coa Banda dos Pequenos en Culleredo

Neste concerto final a nosa disposición é máxima: tivemos tempo previo para relaxarnos, respirar, recordar postas en escea...O curso pasado comprobamos que o concerto final é o que recolle as mellores esencias de cada ensaio. En moitas ocasións comento que o mellor do Peque Coro queda en cada ensaio: coa preparación de cada obra xorden momentos máxicos. Nadie sabe o moito que rimos a pianista maila directora coa nosa versión do Gran Duke con turutas...ou a sensación na preparación de Vois sur ton chemin...en moreas e moreas de sensacións. Eses momentos eran mellores que o resultado final que entregábamos ó público.

Mais, no concerto final, o Peque Coro abriu a súa caixa máxica chea de sensacións para compartila co público. Creo que todos disfrutamos moitísimo deste concerto. Dende logo, os que estábamos sobre o esceario así o fixemos. Eu apreciábao n@s pequecoristas na expresión das súas miradas, nos seus acenos, e, como non, nas súas voces...

Cada tema esixe un carácter distinto...e polas reaccións do público coido que se conseguiu. Bágoas despois do Ave María,...(previo a un ambiente creado polos temas da banda sonora de Les Choristes), ...exclamacións ante On suuri...risas ante a interpretación dun simpático campaneiro na Coro da Frauta Máxica...aplausos enérxicos co final solemne da gaita na Alborada...entrega máxima do público coa Ronda do Soldadiño.

Dende o primeiro acorde o Peque Coro e o público estiveron en harmonía: así cómplices coas nosas intencións, @s pequecoristas medraron en escea. Tan cómplice era o noso público que había unha sorpresa final para os propi@s pequecoristas: as nais e pais compartían esceario cantando xuntos Now the sun...Nas caras d@s pequecoristas non podía existir un sorriso máis grande. Así que, parabéns ás nais e pais que dende o primeiro ensaio tiveron unha entrega máxima.

Despois deste concertazo final, onde quixemos agradecer ó seu traballo ós colaboradores dos nosos concertos, á ANPA polo seu esforzo presente nas nosas propostas e ós nosos compañeiros e compañeiras de conserxería (Manolo, Sandra e Raquel), quen sin eles non sería posible os nosos ensaios, o Peque Coro despídese ata o próximo curso. 

Para moit@s, e para a pianista e a directora, será unha longa espera, mais @s pequecoristas seguirán cantando e escoitando moita e boa música e, nós pensando nas obras coas que seguirán ilusionando o noso Peque Coro (por certo, xa teño nas miñas mans unha obra marabillosa para o Día da Paz...)


Parabéns, queridísim@s pequecoristas!

3 comentarios:

  1. Querida profe,
    (yo toda melancólica como si escribiese una carta)
    Creo que todos los que fueron a ver el concierto, como los que actuaron, también pensaron que fue fantástico, y la verdad, esque lo fue.
    Nadie se esperaba que tus ''colegas'' fuesen los padres, jajjajaja.

    Bueno, que muchas gracias por enseñarnos tantas cosas, te queremos mucho!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Querida Rita:

      Agora comprenderedes o motivo de non poder ensaiar conxuntamente cos meus "colegas"...Esa despedida do Peque Coro rodeado polos vosos pais e nais foi un momento especial e divertido.

      Alumnas coma ti son as que fan que os profes vaiamos felices e ilusionados as nosas clases, polo voso esforzo, talento e encanto.

      Un gran bico para unha excelente gaiteira e cunha bonita e doce voz.

      Eu tamén vos quero moito.

      Eliminar
  2. A verdade é que foi máxico este concerto do pequecoro, o ambiente que se respiraba é indescriptible, moitísimas sensacións e moi intensas. Dende a miña humilde opinión saiu todo perfecto pero todos sabemos que isto non sería posible sin o esforzo e o agarimo que poñen Catuxa e Alexandra. Parabéns e moitísimas grazas.

    ResponderEliminar