O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 18 de diciembre de 2012

Unha nova xesta...no Teatro Jofre

Había tempo que non invocábamos á Fama para que difundise unha nova xesta. Mais, nesta ocasión debemos pedirlle que extenda as súas ás e difunda por toda a nosa cidade a merecida xesta.

Durante tres longas horas de espera estiveron @s pequecoristas engaiolad@s en pequenos espazos. Parecía que estaban superando probas igual que Ulises!. Debían ficar calad@s (tarefa imposible), practicamente inmovilizad@s nun espazo pequeno, e por riba, o máis duro,...sen poder cantar.

Esa longa espera podía atacar o ánimo de calquera!

Mais estes pequecoristas son fortes de espíritu e saíron con disciplina espartana ó esceario. Estaban preparad@s para o seu cometido.

No momento en que se abriu o gran telón, alí estaban controlando as súas emocións e concentrándose para ofrecer ós presentes unha bonita interpretación. O medo escénico fuxiu axiña e as Musas voaban na bóveda do Teatro.

Dende o Paraíso do Jofre, un clamor chegaba ós nosos pequenos cantores. As súas voces xa non semellaban tan pequenas nese esceario. Esa foi a súa xesta: encher coas doces voces semellante espazo sonoro.


Así pois, Fama, difunde a nova xesta d@s pequecoristas...

3 comentarios:

  1. Noraboa polo voso traballo!!Que a voz e a ilusión dos pequecoristas medre día a día... Esperamosvos de novo en Lugo!! Disfrutade das vacacións e feliz 2013

    ResponderEliminar
  2. Nova xesta dos pequecoristas! pero merece tamén unha especial felicitación a súa directora, polo seu coidado de absolutamente todos os detalles, pola axeitada selección do repertorio, pola gran preparación dos ensaios, polo seu mimo e atención a cada un dos pequecoristas e pola súa gran melloría na prática da dirección coral.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas polas túas verbas tan alentadoras!.

      É certo que a directora procura mimar cada detalle porque disfruta moitísimo co Peque Coro: argallando os concertos, revisando moitas partituras e realizando arranxos para o noso coro..., pensando na atención que precisan @s noso@s pequecoristas e...e procurando mellorar en todo o posible...

      Mais todo este traballo e ilusión é compartido coa pianista...sen ela o Peque Coro non sería o mesmo.

      Parabéns para a pequepianista.

      Eliminar