O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Cada tres segundos


Eu teño que confesar que tamén sufrín a sensación de ficar xeada ante a mensaxe recibida e a maneira de transmitila por este coro infantil alemán de Wuppertal.

Cada tres segundos, mentres interpretaban Mad World (Mundo Tolo) un neno do coro abandonaba o esceario simbolizando que cada tres segundos este mundo perde a un neno por causas evitables (fame, malnutrición, falta de vacinas...). 



Este coro colaboraba co International Children's Fund para facernos reflexionar no Día Universal do Neno.

2 comentarios:

  1. Bueno, pues otra cosa que no sabía.
    Estaba buscando la canción Can you hear me y me apareció este vídeo. Lo único malo el ruido de fondo pero se oye bien. Se grabó en Australia así que supongo que cómo dijiste el otro día, si los signos no son internacionales estos serán en inglés australiano.

    http://www.youtube.com/watch?v=J19RBoAsfZE

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Martín.

      Tes razón: hai moito ruído, mais a mín tamén me gusta moito a versión deste coro. Eles empregan os acenos británicos. Na partitura, o compositor, Bob Chilcott, recolle as dúas opcións para o inglés: británico ou americano. Eu optei pola versión americana.

      Eliminar