Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Feliz 2019

O Peque Coro na Mostra de Corais de Persoas Maiores

Imaxe
Como previo ao Nadal, o Concello de Ferrol dende a Área de Benestar Social, organiza o concerto que reúne a distintas xeracións: a Mostra de Corais de Persoas Maiores.  Un concerto no que participamos moi ilusionados xa que o público nos recibe con entusiasmo. Dende o escenario sentimos tódalas emocións que invaden o Auditorio de Ferrol. Intentaremos un ano máis ofrecer o mellor de nós para este concerto tan especial. Se aínda non tes a túa entrada, podes conseguila de balde na taquilla do Teatro Jofre (máximo dúas entradas por persoa). Que disfrutedes do concerto.

Novo CD: O Peque Coro do Xan Viaño 2017-2018

Imaxe
Tódolos membros do Peque Coro recordaremos este curso como un ano de intenso traballo mais cheo de  momentos moi gratificantes.  Para os que comparten con nós as nosas ledicias, poden recordar mellor o repertorio deste curso grazas ao novo cd. Un ano máis, cd gravado e masterizado por Suso Iglesias. Tamén son as fotografías da súa autoría. O diseño gráfico é obra de Carmela García e o finanzamento grazas á aportación da ANPA do Cmus Xan Viaño. A presentación deste cd terá lugar no Cmus Xan Viaño de Ferrol o venres 29 de Xuño ás 19.00h. 

Xa chega o Ecocampamento Coral

Imaxe
Querid@s pequecoristas: por fin chega o noso campamento!.  Este ano conviviremos en Aldeanova , un parque temático no que coidaremos aos animais, atenderemos a horta, elaboraremos pan...e polas mañás adicarémonos ao noso: canto coral! Este venres 22 de Xuño ás 18.00 reunirémonos cos cosas vosas nais e pais para dar máis información no auditorio do noso conservatorio.

Último concerto deste curso

Imaxe
Aínda non puideches escoitarnos este curso? Pois aínda podes facelo! O  próximo luns 11 de Xuño ás 20.00 no auditorio do noso conservatorio ofreceremos un concerto no que agardamos que disfrutedes tanto coma nós.

No bico un cantar 2018: Alalás en Betanzos

Imaxe
Este venres 1 de Xuño tódolos nenos e nenas dos coros dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia encherán Betanzos na edición de "No bico un cantar" . A actividade ten como obxectivo transmitir aos máis novos a paixón pola música e poesía galega.   Os fermosos alalás de Camariñas, Muxía, e o alalá das Mariñas serán interpretados baixo a dirección de Maximino Zumalave xunto ao quinteto de metais Hércules Brass. Estrearase a obra de Teresa Bretal con texto de Manuel Rivas, "Alalá á vella maneira". Como non, o remate non podería ser doutra maneira: Maiolongo con versos rosalianos e música do Xosé Baldomir. O concerto terá lugar na Igrexa de San Francisco de Betanzos ás 18.00h. 

O Peque Coro en clave galega

Imaxe
Coincidindo coas Letra Galegas, O Peque Coro presenta o seu cd O Peque Coro en clave galega. Un cd recopilatorio con gravacións dende o ano 2013 ata o 2017. Grazas ao Equipo de Dinaminazación da Língua Galega, coordinado por Alma Cendán, puidemos levar adiante este proxecto. Un proxecto que contou cos deseños gráficos de Marta González Pérez, quen por amor ás artes plásticas, deseñou as imaxes do disco. Como non, Suso Iglesias foi o encargado da remasterización das obras. Algunhas delas xa gravadas por el mesmo, e outras por Serxio Pena no Auditorio do Cmus Xan Viaño. Coma sempre, sería imposible sen eles: tódolos pequecoristas que cantaron ao longo deses anos. Velaí vai os nomes dos protagonistas deste disco: Alba Aguiar Blanco, María Alonso Castro, Beatriz Álvarez Galán, Blanca Alvariño Montero, Ángela Ameneiros López, Noelia Amigo Vidal, Paula Amigo Vidal, Daniel Ardao Ríos, Emma Arias Cailleau, Mª Elena Barcia García, Carlota Bermúdez Blas, Omar Calderón Yáñ

Recital das Letras Galegas

Imaxe
O próximo mércores 16 de Maio terá lugar no noso conservatorio o Recital das Letras Galegas. O Peque Coro (tanto os máis peques como os veteranos) cantarán no concerto das 20.30h. @s pequecoristas deberán chegar ás 19.30h O cartaz que acompaña a esta publicación foi deseñado por Abi Castillo para Editorial Galaxia onde aparece María Victoria Moreno , mestra e escritora de libros infantís homenaxeada nesta edición do Día Das Letras Galegas.

Mención honorífica en Vila Real

Imaxe
Parabéns queridísim@s pequecoristas por esa mención honorífica na Mostra Musical do Eixo Atlántico obtida en Vila Real (Portugal). Foron meses de intenso traballo mais chegou a recompensa non só polo recoñecemento musical senon pola experiencia de compartir xuntos esta viaxe onde vivimos moitos momentos musicais.

Prazo de preinscripción no Ecocampamento Coral

Imaxe
Comeza mañá, luns 9 de Abril, o prazo de preinscripción no Ecocampamento Coral.  Un campamento no que os pequecoristas adicaremos tódalas mañás ao canto coral. Polas tardes, teredes que atender aos animais da granxa, aos cultivos do orto, á apicultura ademáis de realizar os talleres de pan, de astronomía, de cultura castreña. Unha semana con moita diversión e traballo nun entorno marabilloso. Se queredes ver as instalacións de Aldea Nova, clicade a continuación: Web de Aldea Nova.

Concerto pola Día da Paz

Imaxe
Un ano máis o Departamento de Convivencia do noso Cmus organizou durante toda esta semana concertos adicados á Paz. Mañá tócanos a nós. O Peque Coro ofrecerá un concerto moi emotivo no que tódolos pequecoristas cantarán harmonías marabillosas soñando cun mundo no que todos poidamos vivir en harmonía. Agardámosvos mañá ás 19.00 no Auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño.

O Peque Coro descubrindo o Pergamiño Vindel

Imaxe
Peque Coro in crescendo : 2º Premio Vindevídeos

2º premio en Vindevídeos

Imaxe
Co gallo da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo, a secretaría xeral de Política Lingüística convocaba un concurso de vídeos para difundir o valor da lírica trobadoresca. Por cumprir cos requisitos, participamos só os pequecoristas máis veteranos, O Peque Coro in crescendo. Embarcámonos neste proxecto con moita ilusión e esforzo: arranxos musicais para crear a nosa versión das "Ondas do mar de Vigo", guión para o desenrolo da narración, texto para o narrador...plan de rodaxe, vestiario Primeiro foi a rodaxe da nosa visión do descubrimento do pergamiño. A biblioteca do noso cmus convírtese no esceario dese descubrimento feito por Pedro Vindel (encarnado por Omar Calderón, o noso querido pequecorista e gaiteiro). Focos e cámaras manexadas por Suso Iglesias (profesor de Acordeón e coordinador das TIC's).  Chega o día da gravación do Peque Coro: no noso auditorio Suso prepara todo o equipo técnico. Gravamos as dúas versións da cantiga: unha i

Taller Coral con Elena Rosso

Imaxe
Que dis? Que aínda non te apuntaches ao Taller Coral con Elena Rosso? Pois corre!...