O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 29 de mayo de 2018

No bico un cantar 2018: Alalás en Betanzos

Este venres 1 de Xuño tódolos nenos e nenas dos coros dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia encherán Betanzos na edición de "No bico un cantar". A actividade ten como obxectivo transmitir aos máis novos a paixón pola música e poesía galega.  

Os fermosos alalás de Camariñas, Muxía, e o alalá das Mariñas serán interpretados baixo a dirección de Maximino Zumalave xunto ao quinteto de metais Hércules Brass. Estrearase a obra de Teresa Bretal con texto de Manuel Rivas, "Alalá á vella maneira".

Como non, o remate non podería ser doutra maneira: Maiolongo con versos rosalianos e música do Xosé Baldomir.

O concerto terá lugar na Igrexa de San Francisco de Betanzos ás 18.00h. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario