O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 8 de abril de 2018

Prazo de preinscripción no Ecocampamento Coral


Comeza mañá, luns 9 de Abril, o prazo de preinscripción no Ecocampamento Coral. 

Un campamento no que os pequecoristas adicaremos tódalas mañás ao canto coral. Polas tardes, teredes que atender aos animais da granxa, aos cultivos do orto, á apicultura ademáis de realizar os talleres de pan, de astronomía, de cultura castreña. Unha semana con moita diversión e traballo nun entorno marabilloso.

Se queredes ver as instalacións de Aldea Nova, clicade a continuación: Web de Aldea Nova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario