2º premio en Vindevídeos

Co gallo da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo, a secretaría xeral de Política Lingüística convocaba un concurso de vídeos para difundir o valor da lírica trobadoresca.

Por cumprir cos requisitos, participamos só os pequecoristas máis veteranos, O Peque Coro in crescendo.

Embarcámonos neste proxecto con moita ilusión e esforzo: arranxos musicais para crear a nosa versión das "Ondas do mar de Vigo", guión para o desenrolo da narración, texto para o narrador...plan de rodaxe, vestiario

Primeiro foi a rodaxe da nosa visión do descubrimento do pergamiño. A biblioteca do noso cmus convírtese no esceario dese descubrimento feito por Pedro Vindel (encarnado por Omar Calderón, o noso querido pequecorista e gaiteiro). Focos e cámaras manexadas por Suso Iglesias (profesor de Acordeón e coordinador das TIC's). 

Chega o día da gravación do Peque Coro: no noso auditorio Suso prepara todo o equipo técnico. Gravamos as dúas versións da cantiga: unha intentando rememorar a sonoridade medieval cunha nota pedal sostida polos mozos e a outra con novas harmonías chea de disonancias na que o piano cobra moito protagonismo.

Nesa mesma mañá paseamos ata a praia de Caranza para preparar os vídeos. Por fin podemos vestirnos cos traxes que confeccionaron con tanto agarimo e horas de adicación Carmela, Gabriela, Mar e Chacho. Só aqueles que nos enfundamos os traxes sabemos a sensación que vivimos.

A praia de Caranza, a pequena ermida próxima a ela, os asteleiros quedan para sempre no noso vídeo ó que tanto tempo adicou Suso na súa montaxe.

A experiencia foi marabillosa e onte chegaba a recompensa ao traballo en equipo: 2º premio na nosa categoría.

Parabéns para todos e cada un dos pequecoristas, para Omar Calderón, para Suso Iglesias, para a Asociación Sociocultural Peque Coro, que, ademáis da súa inmensa axuda,  nos da alento en tódolos nosos proxectos. 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Maio Longo

Peque Coro en tempos de confinamento