Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

O Peque Coro no Concerto a favor da Cociña Económica

Imaxe
Despedimos este ano 2013 cos vídeos do noso último concerto deste ano no concerto solidario a favor da Cociña Económica de Ferrol No 2013 conmemorouse o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. O Peque Coro cantou en distintos concertos á nosa poetisa máis internacional: as datas máis especias foron as Letras Galegas ou o concerto en San Domingos de Bonaval xunto a outr@s 400 nen@s.   Rosalía escribía en Follas Novas :  Polas silveiras errante vexo unha meniña orfa que triste vai marmurando: "Na Virxe, quen rosa fora!" "Por que ques ser rosa, nena?" Eu preguntei cariñosa i ela contesta sorrindo: "porque non ten fame as rosas" Estes versos están presentes en En Cornes do compositor Octavio Vázquez. Duerme negrito é unha obra nova no noso repertorio ... Todo un reto este canto de berce adaptado por David Azurza! Que o 2013 se leva a fame, e tódalas tristuras... ...e o 2014 chegue

Fantástica estrea!

Imaxe
Pequecoristas de 1º GE Despois dunha larga espera, o Peque Coro por fin volvía a aparecer no esceario do conservatorio. Para @s nov@s pequecoristas foi un día especial. Viviron as emocións previas do concerto...e as máis marabillosas: a experiencia de cantar ante un público tan entregado que aplaudía con entusiasmo dende a primeira obra, En Cornes . Pequecoristas de 2º GE Fantástica concentración de tódol@s pequecoristas...que ademáis se entregaron na difícil interpretación de Duerme negrito.  Pequecoristas de 3º GE O público amosouse entusiasmado e reclamaba:"outra!...outra!". Agradecemos o seu calor, pero non podíamos ofrecer máis. O Peque Coro segue medrando, medrando...e medrando. Por iso, precisamos un pouco de tempo para que as novas voces aprendan o repertorio doutros anos.  Pequecoristas de 4º GE Están traballando moi ben en cada ensaio. De seguro que disfrutáchedes con  Duerme negrito , verdade?. Pois é unha moi obra complexa qu

De novo, o Peque Coro en concerto

Imaxe
Señoras e señores...nenos e nenas...non poden perderse a estrea do Peque Coro neste curso. Por fin @s pequecoristas volven ó esceario!. Nesta ocasión para colaborar nun concerto solidario a favor da Cociña Económica , co fin de que o público asistente doe alimentos para esta fundación ferrolana. O Peque Coro participará no segundo concerto organizado polo Departamento de Convivencia este venres ás 19:30. Agardamos a súa presenza no auditorio José Arriola do noso conservatorio. o Cmus Xan Viaño de Ferrol.

Durme, negriño

Imaxe
Chegou ós nosos ensaios a tenrura e á vez unha faísca de ledicia (chicabum, chicabum...) coa harmonización de David Azurza de Duerme negrito. Trátase dunha obra tradicional que moitas xeracións cantaron e seguirán cantando ós seus pequenos en Sudamérica. Varios cantautores teñen versións deste canto de berce coma Víctor Jara , Mercedes Sosa ou Atahualpa Yupanqui  que fixeron célebre en España o  Duerme negrito . A dozura da melodía constrasta moito coa dureza dunha nai que ten que loitar para poder manter ó seu pequerrecho, traballando duramente "pal negrito chiquitito". No seguinte vídeo escoitaredes á Escolanía de Segovia dirixidos por David Azurza (quen realizou a harmonización)

Tutira mai

Imaxe
Este ano comezamos os nosos ensaios cunha obra tradicional maorí harmonizada por Anthony Ritchie: e ste canto pasou de xeración en xeración entre os maoríes: unha etnia polinesia que vive en Nova Zelanda. En Tutira mai  cantamos: Tutira mai nga iwi Tatou tatou e Whaia te maramatanga Me te aroha e nga iwi Kia ka tapatahi Kia kotahi ra Tatou tatou e Estamos de pé en filas Todos nós Busca o coñecemento e a fraternidade entre todas as persoas Pensamos como un só Actuamos como un só Todos nós É unha obra perfecta para xuntarnos de novo, todos nós, colocándonos nas nosas filas e acollendo as novas voces...a tódol@s nov@s pequecoristas. Somos un coro: pensamos coma un, actuamos coma un. No seguinte vídeo veredes unha estupenda versión do Tutira mai : TATOU TAOU E TODOS NÓS

O Peque Coro cantará a Rosalía na Praza da Quintana

Imaxe
Meses atrás sumámonos ó proxecto "Nenos e Nenas cantan a Rosalía" organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Educación. Para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro mañá cantaremos na Praza da Quintana tódol@s nen@s dos conservatorios e escolas de música de Galicia. Por iso, ó longo dos ensaios deste ano adicámonos a obras con textos rosalianos: "Rosa de Abril" de Andrés Gaos, "Negra Sombra" de Xoán Montes, "Maio longo" de Xosé Baldomir e "En Cornes" de Octavio Vázquez. Pola mañá faremos unha visita guiada ó Museo da Cidade da Cultura. Despois, o ensaio xeral tódolos coros xuntos. Será todo un orfeón de nen@s! Despois de merecido xantar...cara a Praza da Quintana, onde será ese concerto especial no que nos dirixirá Maximino Zumalave e tocará o quinteto de metais  Hércules Brass. Só fica agardar que a choiva nos deixe cantar neste lugar emblemáti

Maio Longo

Imaxe
Maio longo... maio longo, todo cuberto de rosas, para algúns telas de morte; para outros telas de vodas. Maio longo, maio longo, fuches curto para min: veu contigo a miña dicha, volveu contigo a fuxir. O longo mes de maio chega hoxe ó seu fin. E nós rematamos o mes de maio cun intenso ensaio adicado a obras todas elas con texto de Rosalía de Castro. Maio longo é un poema de Rosalía musicado por Xosé Baldomir: un músico coruñés (1867-1947) que se adicou tanto a composición como a dirección de coros e orquestras, investigación e crítica musical. Na época en que Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez rexurdían o noso idioma, un grupo de músicos acompañábanos na tarefa de dignificar a cultura galega. Xunto a Xosé Baldomir están Xoán Montes (autor da música de Negra Sombra ) ou Pascual Veiga (autor da música do Himno Galego ) ou Castro Chané.  O Maio longo de Baldomir é para voz e piano, mais imos escoitar no seguinte vídeo a orquestración de M

Negra Sombra

Imaxe
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me deixarás ti nunca, sombra que sempre me asombras. O compositor e director lucense Xoán Montes (1840-1899) compuxo a música a partir deste versos de Rosalía de Castro da súa obra Follas Novas . Pénsase que puido inspirarse nun alalá do Incio (un municipio de Lugo).  Negra Sombra, que foi estreada no Gran Teatro da Habana no ano 1892, é unha obra emblemática do noso patrimonio cultural.

Parabéns, valentes pequecoristas!

Imaxe
Este sábado pasado pisamos un novo esceario ( o do auditorio de Cedeira) , para ofrecer un concerto xunto cos alumn@s da Escola de Música de Cedeira. Un concerto con estilos e agrupacións variadas. Xa estamos acostumados a cantar no auditorio do noso conservatorio...tan acostumados que nun novo espazo nos podía despistar a nova sonoridade. Mais, estes pequecoristas valentes, axiña se acostuman as novidades e se enfrentaron con enerxía a un novo reto.  Foi un concerto cun público moi entusiasta, e na que nos mimaron en tódolos detalles da organización. Grazas á Escola de Música! Parabéns, valentes pequecoristas!

Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño

Imaxe
No Día das Letras recordamos sempre a figura de Rosalía, por ser un 17 de Maio o día no que se publicou Cantares gallegos . Este ano aínda cobra máis forza xa que conmemoramos o 150 aniversario de dita publicación. Por iso, recordando a Rosalía de Castro, cantamos este pasado mércores  Rosa de Abril , con textos da nosa poetisa e música de Andrés Gaos. Este ano 2013 o Día Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Queredes coñecer a este pioneiro do teatro profesional galego?. Pois non vos perdades este informativo do CPI dos Dices en Rois:

Parabéns polos "Cantos da terra, do ceo, do mar"

Imaxe
Este pasado sábado recibimos a visita dos amigos do Coro Infantil de Lugo. Un coro que conta con tres anos; os mesmos que nós!. E co que nos gusta compartir escenario.  Os nosos amigos visitantes abriron o concerto cun repertorio bonito e moi interesante, no que ademáis presentaban unha coidada posta en escea e vistosas coreografías.Noraboa ó coro, á súa directora (Henar) e ó seu pianista (Nacho), e ós alumn@s de acordeón que interpretaron moi ben Catro vellos mariñeiros. Continuamos os anfitrións cos cantos á terra, o ceo, e ó mar...O Himno á Noite sempre cautiva. A Alborada é moi aplaudida polo público: o "lara lala" final con carácter de marcha arrinca a ovación. Rosa de Abril  provocaría tenrura ó mesmo Gaos, ó escoitalo por un coro de nenos. O care selve : fantástico!. E o meu aplauso para os pequecoristas polo esforzo destes últimos ensaios polo Caresse sur l'océan . Noraboa, pequecoristas! O momento máis divertido chegou cando nos xuntamos os do

Concerto co Coro Infantil de Lugo

Imaxe
Este sábado agardamos a visita do Coro Infantil do conservatorio de Lugo para volver a compartir esceario, nesta ocasión con "Cantos do ceo, da terra, do mar".  Unha vez máis disfrutaremos da experiencia de cantar xunto a outro coro de nen@s!.

Caricias no océano

Imaxe
Nenos correndo pola praia (1908). Joaquín Sorolla "Caresse sur l'océan" é unha obra de Bruno Coulais, que formaba parte da banda sonora da película Les Choristes, a película que tanto nos gusta. Así que comezamos a traballala nos nosos ensaios, coincidindo co esvaecemento do sopro do frío inverno.  Unha caricia no océano levan ó paxaro lixeiro regresando das terras nevadas. Aire efímero do inverno,  lonxe, o teu eco esvaécese Castelos de España. Xira co vento, desprega as túas ás na alba gris do levante. Procura un camiño cara o arco da vella Chegará a primavera. Unha carica no océano poñen ó paxaro tan docemente sobre a pedra dunha illa mergullada. O aire efímero do inverno, por fin o teu sopro vaise, lonxe, entre as montañas. Xira co vento, desprega as túas ás na alba gris do levante. Procura un camiño cara o arco da vella Chegará a primavera.

Unha peque crónica da viaxe a Braga

Imaxe
Catedral de Braga O Peque Coro viaxou á veciña Portugal. Xa cantáramos noutras terras, mais esta foi a nosa primeira viaxe de varios días. Para moitos, a primeira vez que durmen lonxe da súa familia, mais todos se coidan e se miman coma nunha gran familia. Ademáis de ofrecer un fantástico concerto compartido cos nosos compañeiros do proxecto Leonardo, adicámonos a coñecer a cidade de Braga.  A nosa primeira parada foi no xardín da Foz Velha, antes de encontrarnos cos compañeiros do proxecto no Porto para disfrutar dun cruceiro polo Douro. Quería unha foto nesta palco da música, tal e como temos no palco da música do Cantón de Ferrol. É moi difícil conseguir que todos se coloquen para unha foto!  Palco da Música do Jardim da Foz Velha Ese primeiro día foi moi intenso, cheo de inquedanzas e novidades que aínda nos alteraban máis. Á noitiña, algúns d@s pequecoristas marchaban ás casas dos seus amigos de Braga. Outros, para a pousada. Unhas horas de moito bulir...!

De Ferrol a Braga

Imaxe
Por fin nos achegamos ó día tan esperado! Mañá viaxamos a Bracara Augusta , como chamaban os romanos á cidade de Braga. Esta cidade do Norte de Portugal é a capital da provincia do Minho. O xoves compartiremos esceario cos nosos compañeiros do Proxecto Leonardo, European Arts Confluence. Mais tamén teremos tempo a facer turismo pola cidade. Queredes ir descubrindo o que visitaremos? Catedral Bom Jesus A facer as maletas, pequecoristas!

Pequecoristas do Clasicismo

Imaxe
Un pequecorista do século XXI pode preguntarse: "como serían @s pequecoristas no Clasicismo?" Podemos facernos unha idea a partires das vestimentas da nosa participación no Concerto do Clasicismo Sabela, Sara, Carmen e Amada Paula, Andrea, Hugo, Marcos e Pablo Lara, Noelia, Icía, Inés Azael, Aldara, Marta, Uxía, Pablo, Lea, e os Martines Miguel, Irene, Javi, Álvaro, Claudia, Névia, Carlos e Pablo Marta, Ángela, Laura, Iago e Carlos Estela, Nina, Lucía, Elena, Keila,  Lisa, Iria, Marta, María e Sara. Fiana, Clara, as Sofías, Elisa e Ana

Regresa o Clasicismo

Imaxe
Este venres viaxaremos de novo no tempo para interpretar obras do Clasicismo intentando poñernos na pel dos intérpretas da época. Convídanos a participar no concerto d@s alumn@s de piano, así que, un ano máis, poñeremos a nosas perrucas e mellores galas!. Cando é a cita? O venres 12 de Abril ás 17:30 h. 

Rosa de Abril

Imaxe
Nascín cando as prantas nascen, no mes das flores nascín. Nunha alborada mainiña nunha alborada de Abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos e ningunha para ti. No mes de Abril, @s pequecoristas comezamos o ensaio da Rosa de Abril , a canción delicada e bonita coma unha rosa que Andrés Gaos compuxo a partires dos versos de Rosalía de Castro. Quen era Andrés Gaos? Pois un compositor e violinista nacido na Coruña no ano 1874. Estudou na Coruña, Madrid, París, Bruxelas...Foi un destacado intérprete. Na foto, tiña 8 anos, coma @s máis pequerrech@s do conservatorio. Adicouse coma compositor a obras para violín e piano, obras sinfónicas (para orquestra) e obras para voz e piano. Se queredes saber máis deste compositor, visitade a súa web oficial: Andrés Gaos . A seguinte versión da  Rosa de Abril   é un magnífico arreglo e orquestración do compositor vigúes Juan Durán:

Música celestial II

Imaxe
Anxos (1513) . Rafaello Sanzio O ano pasado, aproximadamente por estas datas, escribíamos "Música celestial" : na que falabamos da importancia de escoitar grandes obras de música relixiosa, á marxe das crenzas relixiosas de cada pequecorista. A miña recomendación era un coro da Paixón según san Mateo de J.S.Bach. Unha das obras mestras do compositor alemán que  foi estreada o 15 de abril de 1729 baixo a dirección do mesmo Bach. Se queredes saber máis desta obra, volvede a ler "Música celestial" . Este ano volvo a recomendarvos un coro desa mesma obra:

Canto de berce...de Mozart?

Imaxe
Nai e fillo (1921). Pablo Picasso Nestes últimos ensaios adicámonos o traballo dun bonito canto de berce, atribuido durante moito tempo a Mozart. Investigadores actuais sinalan que o seu autor é Friederich Fleischmann (1766-1798), un compositor alemán do Clasicismo.  Coma en moitos cantos de berce, unha nai cántalle ó seu pequeno para que teña doces sonos. Mentres  arrola ó meniño no seu colo, dille que soñe ca prateada lúa rodeada de estrelas, que descanse coma os ovellas e aves nesta noite na que non se escoita nin o zunido da abella.  No seguinte vídeo escoitaredes unha fantástica interpretación do "Durme, meu pequeno príncipe, durme", o famoso wiegendenlied (canto de berce en alemán). Prestade atención ós bonitos adornos que realiza unha segunda voz...(recoñecerédelo porque na nosa versión é o xiro melódico co que nos responde o piano). Que sempre teñades doces sonos, querid@s pequecoristas...

Parabéns polo concerto no Cmus de Lugo

Imaxe
Este sábado pasado viaxamos a Lugo para cantar no auditorio do Conservatorio de Lugo. Disfrutamos moitísimo compartindo esceario cos nosos amigos do Coro Infantil de Lugo, cos que intepretabamos conxuntamente Mi capitán de Josu Elberdin. Cantamos nesta obra: "surcando os mares en mil tempestades"... @s coralistas combatían valentemente a friaxe ofrecendo un cálido concerto. @s pequecoristas xa non se deixan atemorizar por novos escearios. Para @s veteran@s non era un espazo novo. Que dominio da escea...!. Mágoa que algunhas das nosas pequecoristas estiveran maliñas.  Parabéns ós amigos do Coro Infantil e á súa directora, Henar, que dirixiu enérxica e alegremente o Capitán!.  Que concentrad@s estaban @s pequecoristas! Dende as butacas, a pianista e a directora disfrutamos moito escoitando esta obra. Parabéns, querid@s pequecoristas!

Concerto no Cmus de Lugo

Imaxe
Este sábado compartiremos de novo esceario cos nosos amigos do Coro Infantil de Lugo no seu conservatorio. Preparamos con moita ilusión este encontro coral.  Será bonito volver a cantar os dous coros xuntos!

Día Escolar pola Paz

Imaxe
Hoxe, Día Escolar pola Paz, sona en tódolos recunchos unha versión, na súa mínima expresión, da Oda á Alegría . Sería marabilloso que vivísemos no santuario da Alegría, onde tódolos homes serán irmáns. E para recodar o Himno da Alegría , este vídeo no que comprobamos que a furia nunca vencerá sobre a harmonía:

Capitán!!

Imaxe
Por fin comezamos nos nosos ensaios coa divertida obra de Josu Elberdin "Capitán, mi capitán", que cantaremos xuntos cos nosos amigos do Coro Infantil de Lugo. Que boa idea tivo Henar!. Encantoume esta obra dende o primiero momento que a escoitei. A interpretación destes coros en Estonia é fenomenal, que, ademáis do mérito dos bos cantantes, contan cun gran director: Basilio Astúlez. O autor, Josu Elberdin, ten esta obra en castelán, euskera e inglés. Como apreciaredes non cantan en castelán, mais nos sabemos de que trata a obra e cos seus acenos, non cabe dúbida do que acontece.