O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 6 de abril de 2013

Rosa de Abril


Nascín cando as prantas nascen,
no mes das flores nascín.
Nunha alborada mainiña
nunha alborada de Abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos
e ningunha para ti.

No mes de Abril, @s pequecoristas comezamos o ensaio da Rosa de Abril, a canción delicada e bonita coma unha rosa que Andrés Gaos compuxo a partires dos versos de Rosalía de Castro.

Quen era Andrés Gaos? Pois un compositor e violinista nacido na Coruña no ano 1874. Estudou na Coruña, Madrid, París, Bruxelas...Foi un destacado intérprete. Na foto, tiña 8 anos, coma @s máis pequerrech@s do conservatorio.


Adicouse coma compositor a obras para violín e piano, obras sinfónicas (para orquestra) e obras para voz e piano.


Se queredes saber máis deste compositor, visitade a súa web oficial: Andrés Gaos.


A seguinte versión da Rosa de Abril  é un magnífico arreglo e orquestración do compositor vigúes Juan Durán:



3 comentarios:

  1. Hola Catuxa, quería preguntarte que cual era el día que ibamos a cantar a Santiago.

    Ah, y suerte con los d el albergue.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Martín:

      O concerto adicado a Rosalía é o Venres 7 de Xuño. Xa vos explicarei con detalle. Por se queres máis información consulta a seguinte páxina: Consello da Cultura Galega. No bico un cantar.

      Eliminar