O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 10 de marzo de 2013

Canto de berce...de Mozart?

Nai e fillo (1921). Pablo Picasso

Nestes últimos ensaios adicámonos o traballo dun bonito canto de berce, atribuido durante moito tempo a Mozart. Investigadores actuais sinalan que o seu autor é Friederich Fleischmann (1766-1798), un compositor alemán do Clasicismo. 

Coma en moitos cantos de berce, unha nai cántalle ó seu pequeno para que teña doces sonos. Mentres  arrola ó meniño no seu colo, dille que soñe ca prateada lúa rodeada de estrelas, que descanse coma os ovellas e aves nesta noite na que non se escoita nin o zunido da abella. 

No seguinte vídeo escoitaredes unha fantástica interpretación do "Durme, meu pequeno príncipe, durme", o famoso wiegendenlied (canto de berce en alemán). Prestade atención ós bonitos adornos que realiza unha segunda voz...(recoñecerédelo porque na nosa versión é o xiro melódico co que nos responde o piano).



Que sempre teñades doces sonos, querid@s pequecoristas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario