Mañá será a nosa estrea...
Comezou a conta atrás...Mañá é a nosa estrea deste curso. Para moit@s pequecoristas é repetir unha sensanción formidable: a recompensa do esforzo dos ensaios ante o entusiasmado público. Para outr@s é toda unha novidade. Supoño que para un neno ou unha nena de oito anos ten que ser abraiante saír á escea e atoparse cun auditorio abarrotado. En realiade, a sensación é a mesma para os que xa non somos tan nen@s. Mais, queridím@s pequecoristas, tedes que estar moi tranquil@s. Traballamos moito e ben ó longo destes meses e o resultado é fantástico. Os máis veteran@s están arroupándovos e ademáis contades co gran apoio dos vos@s amig@s e da vosa familia que estarán no público. Recordade o ensaio de onte: foi estupendo. Para todos unha delicia a chegada dos dous acordeonistas: Serafín Santamariña (alumno de 3º Grao Profesional) e Suso Iglesias (profesor de acordeón) e das dúas arpistas: Verónica Alexandra Gomollón Guevara (alumna de 3º Grao Profesional) e Mª José C...