O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 22 de enero de 2012

O Peque Coro no Día Escolar pola Paz


O Peque Coro do Xan Viaño participará na celebración do Día Escolar pola Paz o luns 30 de Xaneiro ás 19:00 horas. Para este día tan especial no que se recorda a figura de Mahatma Gandhi (1869-1948), o Peque Coro traerá ó auditorio José Arriola do noso conservatorio dúas cancións: Akai hana e a Ronda do Soldadiño. 

Agardamos a vosa presenza. Ademáis da emoción da nosa primeira actuación este curso (e da estrea de moit@s nov@s pequecoristas), únese a emoción da celebración do Día pola Paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario