Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

Concerto de inverno

Imaxe

Pequecoristas cantan na Raia

Imaxe
A séptima edición de "No bico un cantar" que organiza o Consello da Cultura Galega e maila Consellería de Educación celebrarase mañá 7 de Xuño ás 17.30 en Tui. Nenos e nenas chegados de tódolos recunchos de Galicia e nenos e nenas de Portugal cantarán acompañados polo quinteto de metais Hercules Brass e dirixidos baixo a dirección de Maximino Zumalave. O Peque Coro participará, como en tódalas edicións anteriores, neste concerto no que foi escolmado como repertorio cancións tradicionais portuguesas  ( Oh, Rama, Oh que linda rama ) con arranxos de Juán Durán e obras nas que se pon música a escritores nados en Tui como Xosé María Álvarez Blazquez, do que se estreará No rego do prado , con música de Alexis Rozas,  e Manuel Lago González, coa foliada San Campio con música de José Torres Creo.  Como non, para despedir o concerto, estará presente os versos de Rosalía de Castro con música de José Baldomir: Maiolongo. 

Volve o Campamento Coral

Imaxe

O Peque Coro cantando polas Letras Galegas

Imaxe
Un ano máis O Peque Coro non pode faltar no Concerto das Letras Galegas que organiza o Equipo de Dinamización da Língua, coordinado por Alma Cendán. Esta edición está adicada a Antón Fraguas:  Antón Fraguas Fraguas,  nado en  Insuela , na parroquia de  Loureiro  ( Cotobade ), o  28 de decembro  de  1905  e falecido en  Santiago de Compostela  o  5 de novembro  de  1999 , foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo  galeguista . En  1923  fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da  lingua  e a elaboración dun  dicionario . Foi membro das  Irmandades da Fala , do  Seminario de Estudos Galegos  e  catedrático de ensino secundario   depurado  polo  franquismo . Formou parte do  Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento  e da  Real Academia Ga...

IV Encontro de Coros Infantís e Xuvenís

Imaxe
Por fin se achega o Encontro de Coros Infantís e Xuvenís!  Como podedes ver no cartaz, coa fermosísima ilustración que fixo para nós Soraya García Riveiros, nesta cuarta edición reuniránse as voces dos nenos e nenas do Concerto Tempiño , do Coro Peque Solidarium e do Peque Coro do Xan Viaño . Tamén disfrutaremos coas voces dos mozos e mozas do Coro Solidarium e do Peque Coro in crescendo. Se queres asistir a este concerto onde se reúnen as voces máis novas de Ferrolterra, podes retirar a túa entrada de balde na taquilla do Teatro Jofre. Este sábado 27 de Abril ás 19.00 agardámoste no Auditorio de Ferrol.

Concerto no Círculo das Artes en Lugo

Imaxe

Concerto co Coro de nenos da Banda Filarmónica de Lugo

Imaxe
O sábado 16 de Febreiro recibimos no auditorio do noso conservatorio ao Coro de nenos da Banda Filarmónica de Lugo dirixidos por Henar Matesanz.  Un encontro coral que todos agardamos con moita ilusión.  .

O Peque Coro na IX Música pola Paz

Imaxe
A próxima semana no conservatorio celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz,  recordando que un 30 de xaneiro morrera o pacifista Mahatma Gandhi. O Peque Coro interpretará diversas obras que tratan diversos temas sobre a necesaria educación en valores; unha educación pola Paz, pola tolerancia, pola igualdade entre sexos, razas e culturas que é imprescindible xa que os nosos queridos e queridas pequecoristas son as voces que construirán o futuro. O mércores 30 de Xaneiro ás 20.00 h, O Peque Coro e mailo Peque Coro in crescendo vos agardamos.