O Peque Coro na IX Música pola Paz


A próxima semana no conservatorio celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz,  recordando que un 30 de xaneiro morrera o pacifista Mahatma Gandhi.


O Peque Coro interpretará diversas obras que tratan diversos temas sobre a necesaria educación en valores; unha educación pola Paz, pola tolerancia, pola igualdade entre sexos, razas e culturas que é imprescindible xa que os nosos queridos e queridas pequecoristas son as voces que construirán o futuro.

O mércores 30 de Xaneiro ás 20.00 h, O Peque Coro e mailo Peque Coro in crescendo vos agardamos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Maio Longo

Peque Coro en tempos de confinamento