Pequecoristas cantan na Raia
A séptima edición de "No bico un cantar" que organiza o Consello da Cultura Galega e maila Consellería de Educación celebrarase mañá 7 de Xuño ás 17.30 en Tui. Nenos e nenas chegados de tódolos recunchos de Galicia e nenos e nenas de Portugal cantarán acompañados polo quinteto de metais Hercules Brass e dirixidos baixo a dirección de Maximino Zumalave.
O Peque Coro participará, como en tódalas edicións anteriores, neste concerto no que foi escolmado como repertorio cancións tradicionais portuguesas (Oh, Rama, Oh que linda rama) con arranxos de Juán Durán e obras nas que se pon música a escritores nados en Tui como Xosé María Álvarez Blazquez, do que se estreará No rego do prado, con música de Alexis Rozas, e Manuel Lago González, coa foliada San Campio con música de José Torres Creo.
Como non, para despedir o concerto, estará presente os versos de Rosalía de Castro con música de José Baldomir: Maiolongo.
Comentarios
Publicar un comentario