Publicacións

O Peque Coro descubrindo o Pergamiño Vindel

Imaxe
Peque Coro in crescendo : 2º Premio Vindevídeos

2º premio en Vindevídeos

Imaxe
Co gallo da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo, a secretaría xeral de Política Lingüística convocaba un concurso de vídeos para difundir o valor da lírica trobadoresca. Por cumprir cos requisitos, participamos só os pequecoristas máis veteranos, O Peque Coro in crescendo. Embarcámonos neste proxecto con moita ilusión e esforzo: arranxos musicais para crear a nosa versión das "Ondas do mar de Vigo", guión para o desenrolo da narración, texto para o narrador...plan de rodaxe, vestiario Primeiro foi a rodaxe da nosa visión do descubrimento do pergamiño. A biblioteca do noso cmus convírtese no esceario dese descubrimento feito por Pedro Vindel (encarnado por Omar Calderón, o noso querido pequecorista e gaiteiro). Focos e cámaras manexadas por Suso Iglesias (profesor de Acordeón e coordinador das TIC's).  Chega o día da gravación do Peque Coro: no noso auditorio Suso prepara todo o equipo técnico. Gravamos as dúas versións da cantiga: unha i...

Taller Coral con Elena Rosso

Imaxe
Que dis? Que aínda non te apuntaches ao Taller Coral con Elena Rosso? Pois corre!...

Regreso do Peque Coro

Imaxe
Un ano máis regresa o Peque Coro. Esta tarde haberá unha reunión con tódolas nais e pais ás 18.30 no Auditorio do noso Cmus. A continuación (ás 19.00) retomamos os ensaios con moita ilusión por voltar a compartir momentos musicais.  Benvidos ós veteranos e mais a aqueles novos pequecoristas que se aproximan por vez primeira ó Peque Coro.

Surfcamp Coral

Imaxe
Para rematar este fantástico curso...SURFCAMP CORAL! Polas mañás cantaremos con David Azurza e pola tarde surfearemos cos monitores da Surfcamp de Doniños. Unha semana disfrutando das ondas!

Presentación do novo CD

Imaxe
Grazas á grabación de Suso Iglesias (profe de acordeón do noso conservatorio), á maquetación gráfica de Carmela García, ás fotografías de José Millán, e á donación económica da Asociación Sociocultural O Peque Coro, foi posible contar un ano máis co CD que recopila varias obras do repertorio deste curso 2016-2017. Un novo CD cunha nova ilusión para todos. O xoves 22 de Xuño ás 19.00 horas presentarase no auditorio do noso conservatorio

O Peque Coro en concerto

Imaxe
Despois dun curso onde compartimos concerto cos coros de maiores de Ferrolterra na Mostra de Coros da Terceira Idade no Teatro Jofre, cantamos xunto aos compañeiros da Peque Banda e da Peque Orquestra no Día da Paz, compartimos esceario cos coros infantis do Cmus de Lugo e de Santiago no Certame de Coros Infantís, compartimos concerto no Xan Viaño pola Recital das Letras, recentemente cantamos xunto a coros de toda Galicia formando un gran coro de 500 nenos e nenas en Mondoñedo na sexta edición de "No bico un cantar", chegou o día no que desexamos disfrutar con calma do esceario.  Un concerto íntegro do Peque Coro para disfrute de tódolos pequecoristas que con ilusión amosarán o gran traballo deste curso. Un concerto íntegro para disfrute dos que nos acompañen.