O Peque Coro cantará aos Trobadores

Querid@s pequecoristas; Recordade que mañá temos que estar ás 8:30 no noso conservatorio para saír cara Cangas do Morrazo. Por favor, sede puntuais...temos que chegar a tempo ao ensaio no que nos xuntaremos co resto de nenos e nenas dos demáis conservatorios galegos para homenaxear aos Trobadores como Afonso X ou Martín Códax. Ademáis estrearedes a obra de Rogelio Groba "Pois nosas madres" que compuxo a partir do poema de Pero Vivaez. Un ano máis, o quinteto de metais "Hércules Brass" acompañará a este coro tan especial (do que formaremos parte) e dirixirá Maximino Zumalave. Durmide ben que vai a ser unha longa xornada chea de diversión e moitos cantos...