Último concerto deste curso



Esta tarde O Peque Coro do Xan Viaño ofrecerá o último concerto deste curso. Xunto a nós a Peque Orquestra e a Orquestra de Grao Profesional.

Mañá será o día do Coro do Xan Viaño, a Peque Banda e maila Banda de Profesional.

@s pequecoristas deben chegar ás 17.30 para prepararnos para este concerto onde ofrecemos unha selección das obras deste bonito e intenso curso.

Para algúns dos nosos pequecoristas será un concerto que o vivirán con moita intensidade, xa que é a súa despedida do coro. Para todos foron uns anos moi lindos cargados de preciosos recordos e experiencias enriquecedoras das nosas vidas. Que disfrutedes do voso último concerto co Peque Coro.

Agardámosvos ás 19.00 h no Auditorio de Ferrol.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega