Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Fotos da Mostra de Coros de Maiores

Imaxe
O pasado martes 27 de decembro O Peque Coro participaba na Mostra de Corais de Maiores : un encontro de distintas xeracións no que tamén participaron compañeiros do conservatorio: alumnas de Canto e mailo Coro de Grao Profesional, dirixido por Aránzazu García Escuredo. Noraboa ao Coro de Grao Profesional, así como a Desiré P. e Sara P. Moitísimas grazas a tódolos membros da Asociación Sociocultural Peque Coro que nos acompañaron durante toda a tarde e coidaron con moito agarimo dos pequecoristas. Grazas a Gabi, Inma, Antonio e Chacho (quen, ademáis se encarga da gravación e edición dos audiovisuais). Tamén agradecer ós compañeiros e profesores do conservatorio a súa gran axuda: Begoña e Marcos.  Recordaremos esta tarde como unha xornada moi intensa de traballo e emocións: dende primeira hora da tarde comezaron os ensaios e para os máis peques é un esforzo grande!. Subiron ó escenario xa cansos, mais merecen un gran aplauso xa que non é doado estrearse nun teatro como o Jo

Felices Festas

Imaxe
O Peque Coro volve ós escenarios este curso. E, un ano máis, será cantando na Mostra de Coros Maiores que terá lugar no Teatro Jofre o martes 27 de decembro ás 18.00h. Coma nas anteriores edicións preparamos este concerto con moita ilusión; un concerto no que compartimos esceario distintas xeracións unidas pola paixón á música coral. Os pequecoristas deberán chegar ó teatro ás 16.00. Só queda desexarvos: Felices Festas!

Volve O Peque Coro neste curso 2016-2017

Imaxe
Atención novos pequecoristas: debedes inscribirvos para probar no ensaio deste Venres 23 de Setembro o que un sinte cantando nun coro. Agardámosvos o venres de 18.30 a 19.30! Os mais veteranos tamén vos tedes que inscribir para seguir cantando todos xuntos. Novo repertorio nesta nova etapa, na que ensaiaremos de 19.30 a 21.00 Ata venres!

O Peque Coro cantará aos Trobadores

Imaxe
Querid@s pequecoristas;  Recordade que mañá temos que estar ás 8:30 no noso conservatorio para saír cara Cangas do Morrazo. Por favor, sede puntuais...temos que chegar a tempo ao ensaio no que nos xuntaremos co resto de nenos e nenas dos demáis conservatorios galegos para homenaxear aos Trobadores como Afonso X ou Martín Códax. Ademáis estrearedes a obra de Rogelio Groba "Pois nosas madres" que compuxo a partir do poema de Pero Vivaez.  Un ano máis, o quinteto de metais "Hércules Brass" acompañará a este coro tan especial (do que formaremos parte) e dirixirá Maximino Zumalave. Durmide ben que vai a ser unha longa xornada chea de diversión e moitos cantos...

Último concerto deste curso

Imaxe
Esta tarde O Peque Coro do Xan Viaño ofrecerá o último concerto deste curso. Xunto a nós a Peque Orquestra e a Orquestra de Grao Profesional. Mañá será o día do Coro do Xan Viaño , a Peque Banda e maila Banda de Profesional. @s pequecoristas deben chegar ás 17.30 para prepararnos para este concerto onde ofrecemos unha selección das obras deste bonito e intenso curso. Para algúns dos nosos pequecoristas será un concerto que o vivirán con moita intensidade, xa que é a súa despedida do coro. Para todos foron uns anos moi lindos cargados de preciosos recordos e experiencias enriquecedoras das nosas vidas. Que disfrutedes do voso último concerto co Peque Coro. Agardámosvos ás 19.00 h no Auditorio de Ferrol.

O Peque Coro e os seus Soños na Gaiola

Imaxe
Aproxímase o concerto máis especial deste ano: "O Peque Coro e os seus soños na Gaiola". Unha homenaxe a Manuel María, o poeta a quen se lle adica esta edición das Letras Galegas. A partir da musicalización de Margarita Soto de varios poemas de "Os soños na Gaiola", Belén González e Lan Couce crearon un conto musical onde cobra vida a Lúa, o Sol, o Caracol, a Anduriña, o Gato e mailo Lobo... Guiados por Luis G. Ramos na posta en escea, varios pequecoristas póñense na pel das persoaxes, adentrándose no mundo de teatro. Realizaron un gran esforzo para que todos disfrutemos aínda máis cos poemas de Manuel María. A Lúa: Marina Pajón; o Sol: David Monzón; o Caracol: Daniel Grande; a Anduriña: Lara Lorenzo; o Gato: Sabela Gesto e o Lobo: Azael Gómez. O Peque Coro está traballando duramente: o reto é complexo. Tódalas pezas son de gran dificultade con novas sonoridades para nós, novas harmonías,...un novo mundo. Coa mesma ilusión sumáronse a este soño

Taller Coral con Josu Elberdin

Imaxe
Por fin se achega a fin de semana na que Josu Elberdin nos ven a visitar. Mañá cantaremos con él: que ilusión!...Canto nos gustan as súas obras: "Mi capitán", "Sleep my little sea", "Agnus Dei", "Mare Nostrum"... Este fin de semana traballaremos moito, e descubriremos máis do seu repertorio e da súa maxia.

Volvemos co "Ioga para pequecoristas"

Imaxe

Concerto no Cmus de Lugo

Imaxe
Mañá viaxamos ata a cidade da gran muralla romana para compartir un concerto cos amigos do Coro Infantil Xoán Montes. Nesta ocasión tamén cantaremos xuntos! A entrada é libre ata completar o aforo. Xa sabedes: non volo podedes perder. Auditorio do Cmus Xoán Montes de Lugo. Sábado 27 de Febreiro ás 12h. 

O Peque Coro no Auditorio

Imaxe
Tódolos amantes do música coral deberes asistir esta tarde ó Auditorio de Ferrol! Xuntámonos catro coros infantís: o coro da Agrupación Musical de Goián, o coro infantil do Cmus de Santiago de Compostela, o coro infantil do Cmus Xoán Montes de Lugo e O Peque Coro do Xan Viaño. Todo unha festa musical!! A cita: hoxe, sábdo 20 de Febreiro ás 19 horas no Auditorio de Ferrol

O Peque Coro en "Música por Siria"

Imaxe
Unha vez máis, O Peque Coro participará no concerto solidario a favor dos refuxiados da guerra de Siria que organiza a Asociación Cultural Cue. Un concerto no que a recaudación irá destinada a Oxfam Intermón.  Ademáis do "Canon de Bego" composto por Begoña Álvarez (e gravado no CD deste proxecto, que se pode mercar despois do concerto), cantaremos varias obras que son un canto á Paz e un desterro a todo conflicto bélico neste mundo tolo. A cita é mañá ás 20 horas no Auditorio de Ferrol.