Unha peque crónica da viaxe a Braga
Catedral de Braga O Peque Coro viaxou á veciña Portugal. Xa cantáramos noutras terras, mais esta foi a nosa primeira viaxe de varios días. Para moitos, a primeira vez que durmen lonxe da súa familia, mais todos se coidan e se miman coma nunha gran familia. Ademáis de ofrecer un fantástico concerto compartido cos nosos compañeiros do proxecto Leonardo, adicámonos a coñecer a cidade de Braga. A nosa primeira parada foi no xardín da Foz Velha, antes de encontrarnos cos compañeiros do proxecto no Porto para disfrutar dun cruceiro polo Douro. Quería unha foto nesta palco da música, tal e como temos no palco da música do Cantón de Ferrol. É moi difícil conseguir que todos se coloquen para unha foto! Palco da Música do Jardim da Foz Velha Ese primeiro día foi moi intenso, cheo de inquedanzas e novidades que aínda nos alteraban máis. Á noitiña, algúns d@s pequecoristas marchaban ás casas dos seus amigos de Braga. Outros, para a pousada. Unhas horas de moito b...