O noso primeiro concerto deste ano será unha experiencia que gardaremos na memoria para sempre. Este era un novo espazo para tod@s, e un fermoso espazo. Comprendemos perfectamente as sensacións que poden ter @s pequecoristas, porque igual que vos, nós saímos a ese mesmo esceario coa vosa idade, e cuns anos menos. Recordamos aquelas sensacións do formigueo polos nervos previos á saída á escea, ademáis da euforia da ovación dun teatro repleto. O cole que fumos de pequenas despedían cada curso cun festival neste teatro. Aínda que non estaba tan bonito e esplendoroso, máis ben todo o contrario. Era un teatro practicamente abandonado do que só quedaba unha sensación do que fora en tempos pasados. Menos que que tódol@s ferroláns recuperamos esta xoia para a nosa cidade!. Pois ben, acababa o curso e cada clase facía unha pequena coreografía, ademáis de presentar o traballo das clases de ballet e baile tradicional galego. Era fantástico o bulir entre cortinas. Axiña ca...