A maxia do Peque Coro

Despois da intensidade do concerto final do Peque Coro, precisaba un día de tranquilidade para reflexionar sobre o noso concerto final. Se tivese que escribir unha liñas xusto despois do concerto diría que foi fantástico, porque aínda estaba baixo o efecto dunha gran euforia. Días despois, teño a mesma sensación...e a miña valoración do concerto segue sendo a mesma. Un concerto máxico. Ó longo do curso participamos en moitas audicións cun par de obras seleccionadas en relación ó tema. Mais, a nosa concentración non é a mesma; non temos tempo para prepararnos para saír a escea: nin a nosa mente está preparada nin as nosas voces. A pesares disto, creo que houbo concertos moi bos...especialmente cos amig@s de Lugo e coa Banda dos Pequenos en Culleredo Neste concerto final a nosa disposición é máxima: tivemos tempo previo para relaxarnos, respirar, recordar postas en escea...O curso pasado comprobamos que o concerto final é o que recolle as mellores esencias de cada ensa...