O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 5 de febrero de 2020

Peque Coro e o Coro de nenos da Banda Filarmónica de Lugo


Xa podemos anunciar un concerto ao que acudimos con moita ilusión: o concerto co Coro de nenos e nenas da Banda Filarmónica de Lugo. 

Non vos perdades a estes dous coros que compartirán unha mañá musical no Círculo das Artes de Lugo o domingo 16 de febreiro. O concerto é ás 12.30. 

sábado, 25 de enero de 2020

O Peque Coro pola Paz

Chegou un dos concertos máis especiais para O Peque Coro: o concerto con motivo do Día Escolar pola Paz.

O xoves 30 de Xaneiro ás 20.00 ofreceremos o noso concerto no que a través de distintas obras reflexionaremos sobre o que sigue a acontecer aos nenos e nenas que teñen que emigrar na procura dun mundo que lles ofreza unha oportunidade. 

Reflexionando sobre as infancias esquecidas

Reflexionando sobre o necesario recoñecemento da igualdade entre nenos e nenas, homes e mulleres

Reflexionando sobre o acoso escolar