Regreso do Peque Coro

Un ano máis regresa o Peque Coro. Esta tarde haberá unha reunión con tódolas nais e pais ás 18.30 no Auditorio do noso Cmus. A continuación (ás 19.00) retomamos os ensaios con moita ilusión por voltar a compartir momentos musicais. Benvidos ós veteranos e mais a aqueles novos pequecoristas que se aproximan por vez primeira ó Peque Coro.