Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Regreso do Peque Coro

Imaxe
Un ano máis regresa o Peque Coro. Esta tarde haberá unha reunión con tódolas nais e pais ás 18.30 no Auditorio do noso Cmus. A continuación (ás 19.00) retomamos os ensaios con moita ilusión por voltar a compartir momentos musicais.  Benvidos ós veteranos e mais a aqueles novos pequecoristas que se aproximan por vez primeira ó Peque Coro.

Surfcamp Coral

Imaxe
Para rematar este fantástico curso...SURFCAMP CORAL! Polas mañás cantaremos con David Azurza e pola tarde surfearemos cos monitores da Surfcamp de Doniños. Unha semana disfrutando das ondas!

Presentación do novo CD

Imaxe
Grazas á grabación de Suso Iglesias (profe de acordeón do noso conservatorio), á maquetación gráfica de Carmela García, ás fotografías de José Millán, e á donación económica da Asociación Sociocultural O Peque Coro, foi posible contar un ano máis co CD que recopila varias obras do repertorio deste curso 2016-2017. Un novo CD cunha nova ilusión para todos. O xoves 22 de Xuño ás 19.00 horas presentarase no auditorio do noso conservatorio

O Peque Coro en concerto

Imaxe
Despois dun curso onde compartimos concerto cos coros de maiores de Ferrolterra na Mostra de Coros da Terceira Idade no Teatro Jofre, cantamos xunto aos compañeiros da Peque Banda e da Peque Orquestra no Día da Paz, compartimos esceario cos coros infantis do Cmus de Lugo e de Santiago no Certame de Coros Infantís, compartimos concerto no Xan Viaño pola Recital das Letras, recentemente cantamos xunto a coros de toda Galicia formando un gran coro de 500 nenos e nenas en Mondoñedo na sexta edición de "No bico un cantar", chegou o día no que desexamos disfrutar con calma do esceario.  Un concerto íntegro do Peque Coro para disfrute de tódolos pequecoristas que con ilusión amosarán o gran traballo deste curso. Un concerto íntegro para disfrute dos que nos acompañen.

No bico un cantar: nenos e nenas cantan aos poetas mindonienses

Imaxe
Un ano máis, O Peque Coro do Xan Viaño participará na edición de "No bico un cantar" , que organiza a Consellería de Educación e mailo Consello da Cultura Galega. Este ano será en Mondoñedo adicándoo aos seus poetas: Álvaro Cunqueiro, Antón Noriega Varela, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Díaz Jácome. A partir dos versos destes poetas, xorde a música composta por Luis Emilio Batallán ( Quen puideira namorala ) , Eduardo Toldrá ( As froliñas dos toxos ) , Antonio Paz Valverde (O neno durmía ) e as dúas obras a estrear de Nico Casal: Non o sei! e Neniae Como non, rematando o mes de Maio, Maiolongo de Baldomir cos versos rosalianos. A dirección recae nas mans de Maximino Zumalave e o acompañamento instrumental na agrupación de metais Hercules Brass. A cita será ás 17.30 na Praza do Catedral, desde onde observará cantar a imaxe de Cunqueiro

Recital das Letras Galegas 2017

Imaxe
Despois dun pequeno descanso nos nosos concertos, voltamos coa nosa participación no Recital das Letras Galegas 2017.   A cita é o martes 16 de Maio no auditorio Xosé Arriola do Cmus Xan Viaño ás 19.00h 

III Encontro de Coros Infantís

Imaxe
Xa chegou o Encontro de Coros Infantís!. E imos pola terceira edición! Este sábado volvemos a encontrarnos o Coro Infantil do Cmus de Santiago, o Coro Infantil do Xoán Montes de Lugo (que nos devolve a visita) e nós, O Peque Coro do Xan Viaño. Un concerto que agardamos cunha gran ilusión. Con este concerto comeza a ledicia: a ledicia de cantar todos xuntos e mailas pequenas vacacións. As merecidas vacacións do Entroido. Se alguén ainda non ten entrada, que corra a por ela xa que disfrutará escoitando ós tres coros desta edición.

Concerto no Cmus de Lugo

Imaxe
Un ano máis visitamos aos amigos e amigas do Cmus Xoán Montes de Lugo; un coro que naceu no 2010: o mesmo ano que nacimos nós. Dende entón sempre nos xuntamos para compartir esceario. O concerto comeza ás 12.00 e é aberto a todo o público. A entrada é de balde. Recordade, pequecoristas: ás 9.30 saímos do noso conser e regresamos ás 15.00. Unha mañá moi intensa: viaxe cos compañeiros e compañeiras, ensaio, concerto, e como non, uns petiscos mentres falamos e rimos todos xuntos.

Concerto pola Paz

Imaxe
C O N C E R T O P O L A P A Z Cada 30 de Xaneiro (coincidindo co aniversario do día que morrera Mahatma Gandhi) celébrase o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Por iso, no noso conservatorio ó longo desta semana hai varios concertos pola Paz. O venres 3 de Febreiro, na procura de educar na tolerancia, na igualdad, na liberdade nunha sociedade que viva na cultura da Paz, xuntámonos no Auditorio de Ferrol a Peque Orquestra, a Peque Banda e mailo Peque Coro do Xan Viaño para ofrecer un concerto cheo de harmonías. Agardámosvos no Auditorio de Ferrol ás 19.00.  Recordade os pequecoristas que debedes estar ás 16.30 no noso conservatorio.

Taller Coral con Elena Rosso

Imaxe
O 2017 comeza fenomenal para nós: recibimos con moita ilusión a Elena Rosso , directora de Los peques del León de Oro e de Aurum! Pasaremos un fin de semana fantástico con horas e horas adicadas a cantar. O que máis nos gusta!. Benvida, Elena! O Peque Coro agárdache con moita ledicia!