Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Último concerto deste ano

Imaxe
Señoras e señores, nenos e nenas, mañá despedimos o ano cun último concerto xunto con outros coros de Ferrol. Estaremos no Certame de Coros da Terceira Idade: un ano máis compartiremos esceario distintas xeracións nun concerto cheo de ilusión. A cita é mañá, mércores 30 de Decembro ás 17.30 no Teatro Jofre.

O Peque Coro foi noticia

Imaxe
Grazas a labor de difusión de Chacho (membro moi activo da ANPA), o Diario de Ferrol recollía a noticia do noso concerto no Cmus Superior da Coruña no proxecto "Música por Siria" Clicando na imaxe, enlazaredes coa noticia no xornal de onte de "Diario de Ferrol"

Fotos do concerto "Música en Siria"

Imaxe
O venres pasado os pequecoristas ofreceron un maravilloso concerto cheo de instantes máxicos: un concerto moi intenso e coas emocións a flor de pel. Desta tarde, na que distintos músicos compartimos esceario no proxecto "Música por Siria",  ademáis da fabulosa sensación durante todo concerto, nos quedará para o recordo estas preciosas fotos realizadas por Isidro Cea Fotos onde se recolle a tenrura, dozura e beleza dos nosos pequecoristas Grazas, pequecoristas por un concerto tan bonito!

O Peque Coro en "Música por Siria"

Imaxe
Esta tarde estaremos no Conservatorio Superior de Música da Coruña nun concerto solidario a favor dos refuxiados da guerra de Siria organizados pola Asociación Cultural Cue. A asociación ten como obxectivo concienciar do problema do conflicto a través da música, como medio para difundir a mensaxe de paz e cos fondos recaudados a través da venta do CD contribuír economicamente a través da ONG Oxfam Intermón. Que mellor maneira de comezar a nosa nova temporada que estando presentes neste concerto solidario!. Xa sabedes, esta tarde acudide á cita ás 19 h no Cmus Superior da Coruña

É noticia...Pequecoristas "No bico un cantar"

Imaxe
Clicando na imaxe podedes ir á noticia do xornal de hoxe. Unha foto moi linda dalgunhas das nosas lindas pequecoristas. Mágoa que non saian todos!

O Peque Coro cantará a Ramón Cabanillas

Imaxe
Querido@s pequecoristas;  Recordade que mañá temos que estar ás 8:30 no noso conservatorio para saír cara Cambados. Por favor, sede pontuais...temos que chegar a tempo do ensaio no que nos xuntaremos co resto de nenos e nenas dos demáis conservatorios galegos para homenaxear a Ramón Cabanillas. Durmide ben que vai a ser unha longa xornada chea de diversión e moitos cantos...

Gústanos cantar con David Azurza

Imaxe
Mañá visitaranos David Azurza para adicar esta fin de semana a cantar varias obras compostas por el mesmo. Xa sabemos o especial que é cantar baixo a súa dirección. Así que, agardamos con ledicia a súa chegada ó noso conservatorio.

Concerto do V Aniversario

Imaxe
Por fin, chegou o noso concerto de celebración do V aniversario! Mañá ás 19:00 no auditorio do noso conservatorio. Durmide ben, pequecoristas!

IV Tócaa outra vez, Xan

Imaxe
O pasado vendes 24 de Abril participamos na cuarta edición do Concurso de bandas sonoras "Tócaa outra vez, Xan" que organiza a ANPA do nodo conservatorio. Interpretamos unha adaptación do célebre "América" de West Side Story, mais nós discutíamos se nos gustaba estudar no noso conservatorio, falábamos dos profes ("que son uns pesados..."), do edificio, da marabillosa ría que temos ás nosas costas... Coma sempre, non chove ó gusto de todos: había meniñas e meniños felices de estar neste conservatorio, e outros non tanto... Sen embargo, impúxose o gusto por cantar, tocar, bailar e soñar no Xan Viaño de todos estes felices artistas! Parabéns a tódolos pequecoristas pola súa posta en escea, especialmente a Lara e Marcos pola sea interpretación. Grazas á entrega de todos eles acadamos un fabuloso 2º posto...Os gañadores foron os alumnos de 6º Taller de Música Moderna. Parabéns a TMM! Moitísimas grazas a Marta, a nosa saxofonista, e a Ia

Concerto co Coro de GE do Cmus de Santiago

Imaxe
Este xoves viaxamos ata Santiago de Compostela para cantar xunto ó Coro de Grao Elemental do Cmus de Santiago. Estamos agardando este concerto como auga de maio. Tódol@s pequecoristas deberán chegar ás 17.30 h ó noso conservatorio, para desprazarnos ás terras compostelanas.

Concerto Coral Infantil

Imaxe
Señoras e señores...nenos e nenas, mañá cantaremos no auditorio do noso conservatorio ás 12:30 xunto co Coro Infantil do Conservatorio de Santiago, dirixidos por María Dios Domínguez.  É a primeira vez que estes dous coros se xuntan para compartir esceario. Para nós outra experiencia marabillosa: uns novos amigos...unha nova ilusión! Non se perdan este bonito concerto. De seguro que disfrutarán.  (Pequecoristas!: recordade que temos que chegar ó conservatorio ás 11:30 para o quecemento). A cita é Sábado 21 de Marzo ás 12:30 no Auditorio José Arriola do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. 

Feliz 2015

Imaxe