O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 11 de diciembre de 2014

Sesión de Hixiene Postural

Querid@s pequecoristas:

no ensaio de mañá comezaremos cunha sesión de hixiene postural na que atenderemos ás indicacións de Pablo C., profesor de pilates e do fisioterapeuta Jacobo P.

Toda unha sorte que veñan ó noso ensaio profesionais que saben como debe ser a nosa postura corporal: moi importante para tódol@s músic@s e espacialmente para nós coma cantantes.

Recordade que o ensaio durará ata ás 21:00.

Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario