O Diario de Ferrol adicounos un espazo ó Peque Coro. Se alguén non puido mercar o xornal, no seguinte enlace podedes visitar a noticia na edición dixital do Diario de Ferrol.
Hoxe, no día de Santa Icía, a patrona dos músicos, queremos lembrar a mañá na que nos erguemos e descubrimos ao invasor. Os mozos e mozas do Peque Coro in crescendo cantaban Bella Ciao, un canto tradicional italiano asociado á resistencia antifascista. Sen pretender banalizar co Bella Ciao , xa que o tema merece sempre un profundo respeto e necesidade de recoñecemento histórico para que non volte a avergoñar a ningunha xeración, quixemos cantalo co dobre sentido que as circunstancias esixían, e desgraciadamente, seguen a esixir. Unha loita contra un inimigo, mais invisible: o COVID.
Despois de dous cursos de obrigado parón, retomamos a actividade coral que tanto estabamos desexando recuperar...os nenos, nenas, mozos, mozas e por suposto, a pianista e maila directora. Aínda teremos que agardar para poder anunciar un concerto, pero queremos compartir nesta primeira publicación deste curso as nosas fotos para o 25N: O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista. Velaí as nosas fotos e tamén o vídeo realizado polo Equipo de Dinamización da Convivencia do Cmus Xan Viaño. No seguinte enlace, podedes visitir a publicación no blogue En todas as claves do Equipo de Dinamización de Convivencia: O Cmus Xan Viaño. Espazo Libre de Violencia Machista.
O Peque Coro acadou o primeiro posto no concurso "Tócaa outra vez, Xan" organizada pola ANPA do noso conservatorio. Noraboa a tódol@s pequecoristas e o resto dos participantes que convertiron o concurso nun éxito de participación. Cando decidín inscribir ó Peque Coro no concurso pensei en colaborar coa ANPA, que tanto nos axuda. Non era consciente da ilusión que tiñan posta @s pequecoristas: a miña intención era acudir cun repertorio que nos gusta moito, coa mesma ilusión que preparamos cada obra e cada concerto: nin máis, nin menos. Sen embargo, para @s pequecoristas foi algo máis. E só decateime cando entraron na miña aula (mentres eu seguía as miñas clases de Linguaxe), e cunha explosión de ledicia inmensa traen a noticia de que o Peque Coro foi escollido para o primeiro posto. Despois de esas caras tan contentas, eses saltos de xúbilo...mereceu a pena presentalos ó concurso. En outros concertos, para mín, xa saían victoriosos cun bo concerto cheo de emocións. Mais ...
Comentarios
Publicar un comentario