O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 28 de abril de 2014

Abur, David!


Onte despedímonos de David Azurza cun pequeno e marabilloso concerto. Foi unha fin de semana con moito traballo, onde aprendimos novo repertorio: obras máxicas, outras divertidas, outras poéticas...traballamos a nosa postura corporal, a respiración, a colocación do paladar, a actitude...a expresividade a comunicación.

Cánto se pode aprender cantando! E canto podemos disfrutar nós e os que nos escoitan!


Grazas, David e ata pronto!


1 comentario:

  1. Preciosa foto e marabilloso curso! Noraboa ós/ás pequecoristas polo traballo e máis ás profes pola perfecta organización!!

    ResponderEliminar