Todo un espectáculo propio do Barroco



O 25 de xullo do ano pasado, coincidindo coa conmemoración do 800 aniversario da Catedral de Santiago, podíamos asistir a un espectáculo que podería ser propio do Barroco: un espectáculo que impresionaba ó espectador con xogo de luces e sons. Ademáis, o efecto teatral era espectacular, xa que o propio escenario era a fachada do Obradoiro de Catedral.

Nos seguintes vídeos non escoitaredes música barroca, mais é un espectáculo completamente barroco. Empregouse unha técnica chamada mapping: proxectando imaxes 3D sobre a Fachada do Obradoiro. Impresionante! Cando o miraba pola televisión, fiquei marabillada. Coma repetían o espectáculo, fun pasados dous días a esa praza...Máis impresionante...

Por certo, na primeira escea sona música que xa coñecedes...Si, si...Aquarium do Carnaval dos Animais de Saint-Saens









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento